Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pablo Iglesias - Wikipedia

Pablo Iglesias

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pablo Iglesias
Nome completo: Pablo Iglesias Posse
Data de nacemento: 18 de outubro de 1850
Lugar de nacemento: Ferrol, Galiza
Data de falecemento: 9 de decembro de 1925
Lugar de falecemento: Madrid, España
Partido político: Partido Socialista Obrero Español, UXT
Cargo(s): Deputado
Profesión: Político e sindicalista

Pablo Iglesias Posse (Ferrol (A Coruña) 18 de outubro, 1850 - Madrid 9 de decembro, 1925).Foi un dos máis ilustres cidadáns galegos. Fillo de Juana Posse e fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

[editar] A súa vida

Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán menor Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) cara Madrid. Alí a súa nai vivía como pedinte, polo que debido á falta de fondos da nai, foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.

Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) A Internacional deu unha serie de charlas en Madrid, ás cales Pablo asistiu, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar dende a clandestinidade un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.

En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.

O 12 de Maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.

En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.

En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cese do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.

En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid.

En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión.

En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes.

En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.

En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.

O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.

[editar] O seu pensamento

Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:

"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com