Xaquín Marín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xaquín Marín Formoso (Ferrol 1943-), debuxante e ilustrador ferrolán recoñecido en Galiza e tamén fóra das fronteiras galegas. Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais: La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia... Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Bávrobo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Actualmente dirixe o único Museo do Humor de Europa, ubicano na localidade de Fene(Ferrolterra).