Constitución Europea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: reemprazar ó gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.
A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro do 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Holanda (1 de Xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro do 2006. A maio do 2006, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.
Índice |
[editar] Ratificación
O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro do 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.
Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).
Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi únicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.
Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandoar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e Holanda [1]. Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 [2].
O 15 de setembro de 2005, o Membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:
- Antes da fin do 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
- Denantes da fin do 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
- Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.
Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro do 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.
[editar] Ratificación en España
Resultados
Participación: 42,33 %
Abstención: 57,67% |
[editar] Ratificación por referendo
Estado Membro | Data | Resultado: % votos a favor (% votantes) |
---|---|---|
España | 20 de febreiro do 2005 | Sí: 76.7% (do 42.3%) |
Francia | 29 de maio do 2005 | Non: 54.7% (do 69.3%) |
Países Baixos | 1 de xuño do 2005 | Non: 61.6% (do 62.8%) |
República Checa | Cancelado | Falta a ratificación do Parlamento |
Luxemburgo | 10 de xullo do 2005 | Sí: 56.5% (do 87.77%) |
República de Irlanda | Posposto indefinidamente | |
Dinamarca | Posposto indefinidamente | |
Polonia | Posposto indefinidamente | |
Portugal | Posposto indefinidamente | |
Reino Unido | Posposto indefinidamente |
[editar] Aprobación parlamentaria da Constitución
Parlamento | Data | Resultado | Asinatura do Xefe de Estado |
---|---|---|---|
Lituania | 11 de novembro do 2004 | Sí: 84 a 4 | Sí |
Hungría | 20 de decembro do 2004 | Sí: 322 a 12 | Sí |
Parlamento Europeo | 12 de xaneiro do 2005 | Sí: 500 a 137 | Non hai |
Eslovenia | 1 de febreiro de 2005 | Sí: 79 a 4 | Sí |
Italia | 6 de abril de 2005 | Sí: Cámara Baixa: 436 a 28. Sí:. Cámara Outa: 217 a 16 |
Sí |
Grecia | 19 de abril do 2005 | Sí: 268 a 17. | Sí |
Eslovaquia | 11 de maio de 2005 | Sí: 116 a 27 | Pendente |
España | 18 de maio do 2005 | Sí: Cámara Baixa: 319 a 19. Sí: Cámara Outa: 225 a 6 |
Sí |
Austria | 25 de maio de 2005 | Sí. Cámara Baixa: 182 a 1. Sí. Cámara Outa: 59 a 3 |
Sí |
Alemaña | 27 de maio de 2005 | Sí: Cámara Baixa: 569 a 23. Sí: Cámara Outa: 66 a 3. |
Pendente |
Letonia | 2 de xuño de 2005 | Sí: 71 a 5 | Sí |
Chipre | 30 de xuño de 2005 | Sí: 30 a 19 | Sí |
Malta | 6 de xullo de 2005 | Sí: 65 a 0 | Sí |
Luxemburgo | 25 de outubro de 2005 | Sí: 57 a 1 | Sí |
Bélxica | 8 de febreiro de 2006 | Sí. Cámara Baixa: 118 a 18 Sí. Cámara Outa: 54 a 9. Sí: Parlamento Rexional de Bruselas: 69 a 10. Sí: Parlamento da Comunidade Alemana: 21 a 2. Sí: Parlamento Rexional de Valonia Sí: Parlamento da Comunidade Francesa. Sí: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29. (Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.) |
Pendente |
Estonia | 9 de maio de 2006 | Sí: 73 a 1 | Pendente |
Finlandia | 12 de maio de 2006 (Expectante) 2006 |
Sí. Primeira Volta: 104 a 24. Segunda Volta: Non foi aínda. |
|
Suecia | Posposto indefinidamente | ||
República Checa | Posposto indefinidamente |
[editar] Países ingresantes
Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.
Parlamento | Data | Resultado | Asinatura do Xefe de Estado |
---|---|---|---|
Bulgaria | 11 de maio do 2005 | Sí: 231 a 1 | Sí |
Romanía | 17 de maio do 2005 | Sí: 434 a 0 | Sí |
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |