Astérix
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Astérix é o personaxe principal da banda deseñada do mesmo nome, creado en 1959 polos franceses René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante). Na serie de títulos correspondente, desenvólvese unha visión moi particular e cómica da antiga Galia (Francia no Imperio Romano) na que unha pequena aldea gala loita de diversos xeitos e en diversos lugares contra un invasor presentado como tonto. Para gañar as pelexas cos romanos, os galos toman unha poción máxica que lles proporciona unha forza sobrehumana. Os orixinais gags cómicos da serie fan que hoxe en día sexa o máis coñecido de todos os cómics franceses. Tras a morte de Goscinny en 1977, Uderzo seguiu adiante coa publicación da serie coa colaboración da súa filla Anna.
Índice |
[editar] Historia
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos ainda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as guarnicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”. É o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na sua aldea resistindo, cos seus amigos, ao dominio romano. Para enfrentar os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Menos Obélix, que caiu na poción cando ainda era bebé e por iso posue naturalmente unha superforza.
[editar] Personaxes principais
- Astérix: o heroe destas aventuras, Astérix é un pequeno guerreiro galo de bigodes amarelos, listo e enxeñoso. É el quen sempre resolve os problemas aos que se enfrontan os habitantes da aldea gala.
- Obélix: galo gordo e alto, repartidor de menhires. É o mellor amigo de Astérix e acompáñao sempre nas súas aventuras. Obélix caeu cando era un neno na marmita de Poción máxica e por iso os efectos da poción son permanentes. Para a súa desgraza, nunca lle deixan probar un pouquiño dela.
- Panorámix: o ancián druída da aldea, xunto con Astérix é o único de todo o pobo con sentido común. É o único que coñece a receita da poción máxica.
- Abraracurcix ou Abrazopartidix: xefe do pobo, campechán pero tamén autoritario cando é necesario. Está tan louco como o resto da aldea.
- Karabella: esposa do xefe, ten moi mal xenio e non dubida en atizar a quen a faga enfadar.
- Asuracentúrix ou Seguroatodoriesguix: bardo do pobo, aínda que as súas dotes como cantante deixan moito que desexar. De cando en vez algun dos habitantes dálle un golpe para silencialo.
- Ideáfix ou Idéfix: o pequeno can de Obélix.
Moitos destes nomes son xogos de palabras no orixinal francés:
- Astérix ven por asterisque ("asterisco", por ser pequento);
- Obélix por obelisque ("obelisco", por ser grande);
- Ideáfix por idée fixe ("idea fixa");
- Asuracentúrix probablemente por Assure à cent tout risque (de aí o nome da tradución castelá)
[editar] Cinema
As historias de Astérix transformáronse en filmes de animación, que foron emitidos na TVG, e filmes con actores, estreados con moito éxito.
Animación
- Astérix, o galo (Astérix, le Gaulois) - 1967
- Astérix e Cleopatra (Astérix et Cléopâtre) - 1968
- Os 12 traballos de Astérix (Les 12 travaux d'Astérix) - 1976
- Astérix e a sorpresa de César (Astérix et La Surprise de César) - 1985
- Astérix entre os bretóns (Astérix chez les Bretons) - 1986
- A gran loita (Astérix et le Coup du menhir) - 1989
- A gran travesía (Astérix et les indiens) - 1995
Con actores
- Astérix e Obélix contra César (1999) - De Claude Zizi. Con Gérard Depardieu (Obélix) e Christian Clavier (Astérix)
- Astérix e Obélix: Misión Cleopatra (2002) - De Alain Chabat. Con Gérard Depardieu (Obélix), Christian Clavier (Astérix), Monica Bellucci (Cleopatra).
[editar] Libros
- Astérix o galo (1961)
- A fouce de ouro (1961)
- Astérix e os godos (1963)
- Astérix gladiador (1964)
- A volta á Galia (1965)
- Astérix e Cleopatra (1965)
- O combate dos xefes (1966)
- Astérix en Bretaña (1966)
- Astérix e os normandos (1967)
- Astérix lexionario (1967)
- O escudo arverno (1968)
- Astérix nos Xogos Olímpicos (1968)
- Astérix e o caldeiro (1969)
- Astérix en Hispania (1969)
- A cizaña (1970)
- Astérix en Helvetia (1970)
- A residencia dos deuses (1971)
- Os loureiros do César (1972)
- O adiviño (1972)
- Astérix en Córsega (1973)
- O regalo do César (1974)
- A gran travesía (1975)
- Obélix e compañía (1976)
- Astérix en Bélxica (1979)
- A gran gabia (1979)
- A odisea de Astérix (1981)
- O fillo de Astérix (1983)
- Astérix na India (1987)
- Astérix a rosa e a espada (1991)
- O mal trago de Obélix (1996)
- Astérix e a Traviata (2001)
- Astérix e o nunca visto (2003)
- O ceo se nos cae por riba! (2005)
Obras inspiradas no universo de Astérix
- As doce probas de Astérix (1976)
- Como Obélix caeu na marmita do druida cando era pequeno (1996)
- Astérix e o nunca visto (2003)
[editar] Parque Astérix
Parque temático inaugurado en 1989 en París. Posúe diversas atracións, como xogos e shows, alén de persoas fantasiadas como os personaxes das historias. Apesar do apelo do heroi nacional, sofre coa concorrencia da EuroDisney, tamén situada en París.
[editar] Ligazóns externas
Sitio oficial de Astérix
- Sitio oficial de Astérix
- Asterix around the World - 100+ translations
- The International Astérix Page. Nomes dos principais personaxes en varias linguas