Druída
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Descoñécese a etimoloxía da palabra "druída", Plinio o maior relacionábaa co termo grego drus (encina), pero actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es que significa "os moi sabios".
Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que disfrutaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pago dos impostos) atraían a moitos rapaces da nobreza gala a tomar o ensino necesario para convertirse en druída. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante un aprendizaxe de vinte anos no que estudaban a natureza e os rituais celtas.
A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas ata que acabaron por disolver a relixión celta da que cos druídas eran os principais depositarios.