Iraq - العراق
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
Lema: Allahu Akbar (Alá é grande) | ||||
Lingua oficial | Árabe | |||
Capital | Bagdad | |||
Presidente | Jalal Talabani (dende o 7 de abril de 2005) | |||
Primeiro-ministro | Ibrahim al-Shiqr al-Jaafari (desde o 3 de Maio de 2005) | |||
Área - Total - % auga |
57º 437,072 km² 1.1% |
|||
Poboación - Total (2002) - Densidade |
44º 24 001 816 55/km² |
|||
Independencia | 3 de outubro de 1932 | |||
Moeda | dinar iraqí | |||
Fuso horario | UTC +3 | |||
Himno nacional | Ardulfurataini Watan | |||
TLD (Internet) | .iq | |||
Código telefónico | 964 |
O Iraq é un país de Oriente Medio, limitado ó noreste por Irán, ó noroeste por Turquía, ó oeste por Siria, ó suroeste por Xordania, ó sur por Arabia e ó leste por Kuwait e mailo Golfo Pérsico.
[editar] Historia
O territorio onde se atopa actualmente Iraq coincide aproximadamente ca antiga Mesopotamia. No 539 a.C., Ciro II o Grande, rey de Persia conseguiu o control da rexióon que permaneceu baixo o mandato persa ata se conquista por Alexandre Magno no ano 331 a.C.. Trala morte de Alexandro, a dinastía Seléucida de orixe grego reinou en Mesopotamia durante 200 anos.
Segueu un largo periodo baixo as novas dinastías persas (Arsácidas e Sasánidas) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano 700. Bagdad foi a capital dos califas Abasíes. Despois do saqueo de Bagdad polos mongoles en 1258, turcos e iraníes disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o Imperio Otomano tomou o control no século XVII.
En outubro de 2002 un referéndum ratificou a permanencia do dictador Saddam Hussein o frente do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense George W. Bush insistia en que Iraq posuía armas de destrucción masiva, e que debia destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da ONU acordadas despois da Guerra do Golfo de 1991. Iraq aceptou cumplir unha nova resolución da ONU que acordaba o envio de inspectores da ONU a Irak para verificar o armamento que tiña. A comezos de 2003 os EUA tornaron a acusar ó rexime de Saddam de estar incumplindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas dos inspectores.
Estados Unidos foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o 19 de marzo de 2003 apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou sobre unhas dúas semanas.
Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes.
As victimas militares estadounidenses superan os 2000 e as víctimas civís iraquís poden superar o 30 mil.
Tralas eleccións lexislativas de 2005, Jalal Talabani (kurdo) é elixido Presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunita.
[editar] Provincias de Iraq
Superficie xeográfica: 437.073 km cadrados; aproximadamente o tamaño do estado de California. Cidades: capital - Bagdad (hab. 3,8 millóns, estimado año 1986). Outras cidades: Basora, Mosul, Karkuk, As Sulaymaniyah, Irbil.
Iraq está dividido en 18 provincias (muhafazat, singular: muhafazah):
|
|
[editar] Mapas e imaxes
- Commons ten imaxes sobre Iraq
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |