Saddam Hussein
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Saddām Hussein ʻAbd al-Majīd al-Tikrīt (árabe صدام حسين عبد المجيد التكريتي; nado o 28 de abril de 1937) foi o presidente de Iraq entre 1979 e o seu derrocamento en 2003 por Estados Unidos como cabeza dunha coalición internacional.
Membro do Partido Baas, xogou un papel clave durante o golpe de estado de 1968 que levou ao seu partido ao poder. Foi vicepresidente durante o goberno do seu tío Ahmed Hassan al-Bakr, Saddam apoiado no seu clan elimina aos seus rivais e consegue controlar Bagdad e converte ao Baas nun partido ao servizo da súa persoa.
Entre 1980 e 1988 encabezou unha guerra contra Irán co apoio dos Estados Unidos, Francia e a Unión Soviética. O seu réxime masacrou a milleiros de curdos (entre 300.000 e 1.000.000) e milleiros de persoas consideradas de sangue impuro foron deportadas, torturadas ou masacradas.
O 2 de agosto de 1990 Iraq invadiu Quvait. En 1991 unha coalición internacional dirixida polos Estados Unidos, entón gobernada por George Bush, obrigou a Iraq a retirarse de Quvait. A ONU estableceu sancións económicas contra Iraq. En 2003 George W. Bush atacou a Iraq acusándoo de cómplice co terrorismo norteamericano. Saddam foi expulsado do poder nunha guerra non autorizada polo Consello de Seguranza da ONU. Saddam escondeuse durante varios meses ata que o 13 de decembro de 2003 foi localizado nunha operación conxunta de forzas norteamericanos e curdas.