Economía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía dise normativa cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise positiva cando intenta predecir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de premisas e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.
A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .
O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.
Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grado académico nesta materia.
[editar] Definicións da economía
Hai un fato de definicións, pasadas e presentes, que se aplicaron primeiro ó termo economía política e logo o termo actual de economía. John Maynard Keynes comentou unha vez que a "economía é a ciencia do pensamento." Podemos dicir que o obxecto de estudo da economía mudou desde o estudo da "riqueza" ao "benestar" e ao estudo das compensacións (trade-offs).
[editar] Definición baseada na riqueza
As definicións máis temperáns da economía política eran declaracións simples, elegantes que a definían como o estudo da riqueza. Adam Smith, considerado xeralmente como o pai da economía, autor de Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións (coñecida xeralmente como A riqueza das nacións) define a economía simplemente como "a ciencia da riqueza." Smith ofreceu outra definición, "a ciencia referente aos leis da produción, distribución e intercambio." A riqueza definiuse coma a especialización do traballo que permitía que unha nación producise máis coa súa oferta de traballo e de recursos. Esta definición afastou a Smith e a Hume das definicións anteriores que definiron a riqueza como ouro. Hume arguíu que o ouro sen incremento da actividade simplemente aumentaba os prezos.
[editar] Definición baseada no benestar
John Stuart Mill definiu a economía como "a ciencia práctica da produción e distribución da riqueza"; esta definición foi adoptada polo Dicionario sucinto de Oxford. Para Mill, a riqueza defínese como o stock de cousas útiles.
As definicións en términos da riqueza acentúan a produción e o consumo, e non se ocupan das actividades económicas non perceptiblemente implicadas nestes dous procesos (por exemplo, xubilados, esmoleiros). Para os economistas deste período, a actividade non produtiva é un custo para a sociedade. Esta interpretación deu a economía unhas miras estreitas que foi rexeitado por moitos por colocar á riqueza en primeiro plano e ao home en segundo lugar.
[editar] Definición baseada na escaseza
[editar] Campos de estudo na economía
[editar] Premisas económicas
[editar] Oferta e demanda
[editar] Prezo
[editar] Escaseza
[editar] Marxinalismo
[editar] Valor
[editar] Linguaxe e razoamento económico
[editar] Desenvolvemento do pensamento económico
[editar] Escolas do pensamento económico
[editar] Economía do Post-Keynesiana
[editar] Economía Neo-Keynesiana
[editar] Outras alternativas
[editar] Economía e outra disciplinas
[editar] Vexa tamén
[editar] Lectura adicional
[editar] Ligazóns externos
[editar] Economistas
David Ricardo
Mariano Rubio
E.F. Schumacher
Adam Smith
Kropotkin
Henry Hazlitt
Friedrich Hayeck
[editar] Teorías económicas
Dirixismo estatal
[editar] Divisións
Microeconomía
Economía política