Dereito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.
A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, mais non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.
Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social.
Índice |
[editar] Orixe
É de natureza controversa, sobre o tema os autores orientáronse a varias posturas, entre elas as de maior aceptacion acostuman ser as seguintes:
- O Dereito nace como unha relación de forza entre persoas desiguais, sexa material ou psiquicamente.
- O Dereito nace como reparación a unha ofensa física ou moral que unha persoa infrinxe a outra.
- O Dereito nace para regular a indemnización debida polo incumprimento dunha palabra dada. En xeral para regular os negocios xurídicos entre as persoas.
- O dereito nace da necesidade de regular as relacións que xorden entre os diferentes suxeitos de dereito. Á medida que as relacións interpersoais se tornan mais complexas, o dereito vaino receptando.
[editar] Fontes
Son a "alma" do Dereito, son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin.
O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:
- A Constitución
- A Lei
- A Xurisprudencia
- O Costume
- Os Principios xerais do dereito
- A Doutrina.
Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:
- Os tratados
- O costume internacional
- Os Principios xerais do dereito
- As opinións da doutrina
- Resérvase, a pedido de parte, a posibilidade de fallar "ex aequo et bono" (segundo o bon e o equitativo).
[editar] Contido
Tradicionalmente, o Dereito dividiuse nas categorías de Dereito público e de Dereito privado. Porén, esta división foi amplamente criticada e na actualidade non ten tanta forza, ante a aparición de parcelas do Ordenamento xurídico nas que as diferenzas entre o público e o privado non son tan evidentes. Un dos expoñentes desta situación é o Dereito laboral, no que a relación privada entre traballador e empregador áchase fortemente intervenida por unha normativa pública.
As diversas ramas xurídicas son as seguintes:
- Dereito administrativo
- Dereito urbanístico
- Dereito ambiental
- Dereito civil
- Dereito das persoas
- Dereito de cousas
- Dereito de obrigacións
- Dereito de sucesións
- Dereito nobiliario
- Propiedade intelectual
- Dereito de familia
- Dereito económico
- Dereito informático
- Dereito internacional
- Dereito internacional privado
- Dereito internacional público
- Dereito fiscal
- Dereito laboral
- Dereito sindical
- Dereito da seguridade social
- Dereito mercantil
- Dereito penal
- Dereito político
- Dereito constitucional
- Ciencia política
- Dereito procesal
- Dereito procesal administrativo
- Dereito procesal civil
- Dereito procesal laboral
- Dereito procesal penal
- Filosofía do dereito
- Teoría do dereito
- Teoría da xustiza
- Socioloxía do dereito
- Historia do dereito
- Dereito romano
- Dereitos animais