Normativa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Normativa é a denominación habitual dentro da sociolingüística do galego da variedade estandar fixada a medias entre o ILG e a RAG. Inicialmente constaba só con indicacións morfolóxicas e ortográficas, as NOMIG, publicadas en 1983 e aplicadas no dicionario da RAG de 1997 (unhas trinta mil palabras) e reformadas en 2003, pero coa publicación do VOLG en 2004 definíronse de facto tamén coma normas léxicas. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo (sen menoscabo das súas proscricións), simplemente significa que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.
Os principais criterios para a escolla das alternativas que entran dentro da normativa foron:
- etimoloxía;
- difusión na lingua común (tanto territorial coma demograficamente), por un achegamento á lingua oral
- pragmatismo que permita ó usuario distinguir o que é preciso distinguir;
- coherencia dentro do sistema das linguas románicas, especialmente co do portugués;
- tradición na escrita literaria galega dende os séculos escuros ou na época medieval;
- evolución esperable dentro do galego segundo as leis fónicas da historia da lingua galega, mesmo con (pseudo)regularizacións de sistemas analóxicos;
A aplicación destes criterios é variable e fronte a unha serie de exemplos de aplicación pódeselle apoñer outra lista de contraexemplos, respectivamente:
- covarde, ravo, móbil, téxtil, o paradoxo, ovo, horta, ermida; España, Xoán;
- cantabámos, seseo; -án/-á, -óns, gheada;
- influenza-influencia, adicción-adición, uso de ¿, til diacrítico; marcación de vogais medias;
- (BUSCAR); (BUSCAR);
- aluguer (na tradición medieval recollida consta alugueiro);
- estable-establecer-estábel-estabelecer; piadoso (*piedoso), aparencia-desgraza-presenza-ausencia;
A conceptualización da norma galega é moi diferente da española:
- mentres a galega é aínda fundamentalmente morfolóxica e ortográfica, a prescritiva española é ademáis léxica, fónica e sintáctica, debido ó seu maior percorrido histórico;
- mentres a española varía cada ano do dicionario da RAE e ninguén o cuestiona, a galega modificouse unha vez en 20 anos e a xente normalmente láiase de que a cambian a cada pouco (froito de que a tradición filolóxica hispánica segue sendo unha ideoloxía dominante);
- mentres que a española é máis rexa e estricta, a galega permite en moitas máis ocasións unha escolla entre variantes alternativas (Galiza/Galicia, -ao/án e -á/-án, -ble/-bel, ao/ó, pór/poñer, oír/ouvir, pósteres/pósters, gorecer/guarecer, -ería/-aría), aínda que moitas veces dando unha coma preferente;
- mentres a galega pretende ser máis fiel á etimoloxía, a española é máis variable por non ser tan moderna;
Existe certo debate sobre a necesidade (non só a utilidade, que é menos discutible) da existencia dunha normativa e como debe definirse sociopoliticamente. A este respecto, hai aínda no galego un sector que defende algún tipo de paralelismo entre a nosa norma estándar e a do portugués: ou ben un achegamento (lusistas) ou ben unha integración total (reintegracionistas). Dende posturas máis achegadas á escola hispanista, a normativa non é doadamente comprensible, pois se asumen os parámetros do español para unha situación social e lingüística moi distinta: só utilizar o recorrente argumento de que galego se lle vai ensinar ós estranxeiros? revela a descontextualización das súas perspectivas: a norma dunha lingua, e en concreto a normativa do galego, non se fai para os alófonos, faise para os que xa falan o galego. Outra cuestión ademais é o seu éxito ou grao de identificación nos falantes naturais ou tradicionais (os de toda a vida, normalmente analfabetos), que non sempre chega a unha adhesión mínima.
[editar] Véxase tamén
- normalización lingüística
- norma
- normativización
- lusismo
- reintegracionismo