Medicina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Medicina é a área do coñecemento humano ligada á manutención e restauración da saúde. Ela é, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha faculdade de medicina.
No entanto, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos cuidados co enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros (vexa Ciencias da Saúde ).
Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non é apenas a ausencia de doenza. É moito máis do que iso, é o completo ben estar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos da medicina estar tan intrínseca e historicamente ligada á política.
Índice |
[editar] Historia da medicina
Hipócrates considérase o pai da medicina. Viviu cerca de 300 anos antes de Cristo e deixou un legado ético e moral válido ata hoxe. Precursor do pensamento científico, procuraba detalles nas doenzas dos seus pacientes para chegar a un diagnóstico, precindindo de explicacións sobrenaturais a pesar da limitación do coñecemento da época. Aínda antes da era cristiá, Asclepíades de Bitinia tentou conciliar o atomisto de Leucipo e Demócrito coa práctica médica.
No primeiro século de era cristiá, Claudio Galeno, outro médico grego, deu contribucións substanciais (baseado en experiencias con animais) para o desenvolvemento da medicina.
Na Idade Media os relixiosos asumiron o control da arte de curar a través de medicamentos e deixaron para os barbeiros, que xa lidaban coa navalla, a arte de drenar abcesos e retirar pequenas imperfeccións da pel. A formación de secrecións purulentas era considerada normal e saudábel.
En 1865, Louis Pasteur teorizou que as infeccións eran causadas por seres vivos. Foi el o inventor do proceso de pasteurización, moi utilizado no leite. Lister, en 1865, aplicou pola primeira vez unha solución antiséptica nun paciente con fracturas complexas, con efecto profilático na infección. Iniciouse unha nova era. En 1928 Alexander Fleming descubriu a penicilina ao observar que as colonias de bacterias non crescían próximo ao mofo dalgunhas placas de cultura. Surxe unha nova era: a dos antibióticos, que permitiu aos médicos curaren infeccións antes consideradas mortais. A evolución desde entón non parou. A eterna loita do home contra a morte entrou nunha nova etapa, cada vez máis moderna e, infelizmente, cara.
[editar] Ciencias médicas e profesións médicas
A Medicina ten dous aspectos: é unha área de coñecemento (isto é, unha ciencia) e é unha área de aplicación dese coñecemento (as profesións médicas). Podemos considerar dúas grandes areas na práctica profesional, a medicina (trata da doenzas dos seres humanos) e a veterinaria (que trata das doenzas das outras especies de animais), dentro da medicina humana, podemos destacar a odontoloxía. A Medicina baseada en evidencias é unha tentativa de ligar eses dous aspectos (ciencia e práctica) a través do uso do método científico, buscando a través de técnicas e investigacións científicas o mellor tratamento para un determinado paciente.
Ás veces, pode ser difícil distinguir entre ciencia e profesión en Medicina. Os varios ramos especializados da Medicina estúdanse por ciencias básicas especializadas e por correspondentes profesións médicas, igualmente especializadas, que lidan con órganos, sistemas orgánicos e as súas doenzas. As ciencias básicas da medicina frecuentemente son as mesmas doutras áreas da ciencia como a bioloxía, a física, a ciencia veterinaria e a química.
Existen varias áreas ligadas á saúde : odontoloxía, psicoloxía.enfermaría (o cuidado co paciente doente), farmacia, terapia da fala e da linguaxe, fisioterapia , terapia ocupacional, nutrición, protética e bioenxeñaría.
[editar] Ciencias básicas, suplementares e relacionadas
- Anatomía é o estudo da estrutura macroscópica física dos organismos. Estuda as grandes estruturas, o esqueleto, a musculatura, os vasos sanguíneos arteriais e venosos.
- Anestesioloxía estudo da dor e anestesia.
- Anxioloxía, englobando a Cirurxía Vascular é a área da medicina que estuda o tratamento das doenzas do aparello circulatorio.
- Bioestatística é a aplicación de estatística ao campo biolóxico e médico. Ela é esencial ao planeamento, avaliación e interpretación de todos os dados obtidos en investigación na área biolóxica e médica. É fundamental á epidemioloxía e á Medicina baseada en evidencias.
- Bioética é o estudo do relacionamento entre bioloxía, medicina e filosofía, especialmente da disciplina ética e metafísica.
- Bioquímica é o estudo das reacións químicas que acontecen dentro dos organismos vivos e, levando en conta a estrutura e a función dos compoñentes celulares e da célula como un todo.
- Cardioloxía é o estudo das doenzas relacionadas co corazón.
- Cirurxía Xeral é a área que engloba todas as áreas cirurxicas, sendo tamén subdividida.
- Cirurxía do Aparello Dixestivo actúa na cirurxía dos órganos do aparello dixestivo, como o esofago, estomago, intestinos, fígado e vías biliares, e páncreas.
- Cirurxía Torácica actúa na cirurxía dos pulmóns.
- Cirurxía Cardíaca actúa na cirurxía do corazón.
- Citoloxía é estudo das células individuais e das súas estruturas internas.
- Clínica Médica é a área que engloba todas as áreas non cirurxicas, sendo subdividida en varias outras especialidades.
- Dermatoloxía é o estudo da pel e mais as súas doenzas.
- Embrioloxía é o estudo do desenvolvemento dos organismos a partir da unión dos gametas, as células sexuais parentais, que dá orixe ao ovo ou cigoto que, pola súa vez, se denvolve no embrión.
- Endocrinoloxía é o tratamento das glándulas.
- Epidemioloxía é o estudo cantitativo dos procesos de doenzas nas poboacións humanas. Inclúe o estudo das epidemías, das endemías, da bioestatística, dos fatores de risco relacionados ás doenzas entre outros temas.
- Farmacoloxía é o estudo das drogas, desde a súa obtención ata as súas acións benéficas e prexudiciais aos organismo.
- Fisiatría é a área da Medicina que estuda e trata das consecuencias das doenzas que xeron a incapacidade física.
- Fisioloxía é o estudo do funcionamento normal do organismo.
- Gastroenteroloxía é o tratamento do aparello dixestivo.
- Xenética é o estudo dos xenes e do seu papel na heranza das características paternais e maternais pola prole. A gran cuestión da xenética nos días de hoxe e da medicina en xeral son as células tronco e a clonaxe humana.
- Xeriatría é o estudo das doenzas do idoso.
- Xinecoloxía é o estudo do sistema reprodutor feminino.
- Hematoloxía é o estudo dos elementos figurados do sangue (hemacias, leucócitos, plaquetas) e da produción deses elementos nos órganos hematopoiéticos (medula ósea, bazo, linfonódos).
- Histoloxía é estudo de como as células e o material intercelular se unen para formar os tecidos, como o óseo, o muscular, o conxuntivo etc.
- Imunoloxía é o estudo das células e moléculas que compoñen o sistema imunitario e do seu funcionamento na defensa do organismo contra axentes infecciosos e células canceríxenas.
- Medicina de Familia ou Medicina Comunitaria ou Medicina de Familia e Comunidade é a área da medicina que se propón a estudar o individuo en canto ser inserido nun contexto familiar e comunitario, buscando entender como este individuo se relaciona con estes grupos sociais e estudando as doenzas que o acometen a través deste prisma. Traballa preferencialmente con actividades de prevención.
- Medicina nuclear é o estudo imaxiolóxico ou terapia polo uso de radiofármacos.
- Microbioloxía é o estudo dos microorganismos (protozoarios, bacterias, fungos e vírus).
- Nefroloxía é a parte da medicina que estuda e trata clinicamente as patoloxías do rin, como insuficiencia renal.
- Neonatoloxía é o ramo da Pediatría que estuda e cuída dos recén-nacidos, do nacemento ata os 28 días de idade.
- Neurociencia é un termo que reúne as disciplinas biolóxicas que estudan o sistema nervoso, especialmente a anatomía e a fisioloxía do cerebro humano.
- Neuroloxía é a parte da medicina que estuda e trata o sistema nervoso.
- Obstetricia é o ramo da medicina que estuda a reprodución na muller.
- Oftalmoloxía é a parte da medicina que estuda e trata os disturbios dos ollos e as súas patoloxías.
- Oncoloxía ou canceroloxía é a especialidade que estuda os tumores malignos ou cáncer.
- Ortopedía e Traumatoloxía é a parte da medicina que estuda e trata as doenzas dos ósos e as fracturas.
- Otorrinolaringoloxía é a parte da medicina que estuda e trata as patoloxías da orella, nariz, seos paranasais, farinxe e larinxe.
- Pediatría é a parte da medicina que estuda e trata o ser en desenvolvemento.
- Pneumoloxía é a parte da medicina que estuda e trata o sistema respiratorio.
- Proctoloxía é a parte da medicina que estuda e trata os problemas do Intestino Groso (cólon), sigmoide e doenzas do recto, canal anal e ánus.
- Psiquiatría é a aplicacán da disciplina da psicoloxía no cuidado médico
- Saúde Pública é a aplicación dos coñecementos médicos, procesados polos epidemiólogos, co obxectivo de impedir a incidencia de doenza nas poboacións.
- Toxicoloxía é o estudo dos efectos das toxinas e venenos vexetais, animais e minerais.
- Uroloxía é a parte da medicina que estuda e trata cirurxica e clinicamente os problemas do sistema urinario.
[editar] Especialidades diagnósticas e de imaxe
- Bioquímica Clínica
- Microbioloxía clínica se preocupa cos diagnósticos in vitro de bacterias, fungos, e protozoarios.
- Informática Médica é o campo de estudo relacionado á vasta gama de recursos que poden aplicarse no xerenciamento e utilización da información biomédica, incluíndo a computación médica e o propio estudo da natureza da información médica.
- Radioloxía - a radioloxía comporta desde a visión do corpo humano a través de radiografías simples ou contrastadas, como tamén a Tomografía Axial Computadorizada.
- Ultra-sonografía - estudo do corpo humano a través do ultra-son, que forma sombras e ecos nas estruturas do corpo humano.
[editar] Médicos
[editar] Outros
- A ciencia ten nome de muller
- [Medciclopedia]: Dicionario de termos médicos en español