Ovella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ovella | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
Especie | ||||||||||||||||
Ovis aries |
Unha ovella é un ruminante ungulado cuadrúpedo laúdo, femia da especie Ovis aries. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). Orixinouse a partir da domesticación do muflón en Oriente Próximo cara o IX milenio a.C.
Existen máis de 800 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.
As femias xeralmente teñen unha soa cría (año), aínda que poden chegar a parir até tres, despois dun período de xestación que dura 150 días.
A súa carne e leite aproveítanse como alimento. Co leite poden elaborarse derivados lácteos, entre os que sobresae o queixo. Coa seu la elabóranse distintos produtos, especialmente roupa. O coiro é outro subproduto amplamente utilizado.
O grupo de ovellas chámase rabaño e ao cercado onde se meten chámase curro, zarrado ou mallada.
[editar] Véxase tamén
Muflón
Muflón caninguénnse
Ovella meiriña
Ovella xalda
Ovella Dolly