Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Reino (bioloxía) - Wikipedia

Reino (bioloxía)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuído-los seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza en base ás diferencias entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan aparte ós minerais, isto en vez de simplifica-la taxonomía dos entes naturais, da lugar a que os virus resulten inclasificables, xa que non se consideran seres vivos en sentido estricto, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» (James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia). Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Haeckel (1894)
Tres reinos
Whittaker (1959)&sup1
Cinco reinos
Woese (1977)
Seis reinos
Woese (1990)
Tres dominios
Protista Monera Eubacteria Bacteria
Archaebacteria Archaea
Protista Protista Eukarya
Plantae Fungi Fungi
Plantae Plantae
Animalia Animalia Animalia


Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos, etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):

Dominio
Reino
[Subreino]
[Superfilo]
Filo

As diferencias máis fundamentais dos seres vivos danse a nivel molecular (estructura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semelllantes entre sí ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos según os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse aparte.

Dominios Reinos
Bacteria Proteobacterias beta
Proteobacterias gamma
Proteobacterias delta
Proteobacterias epsilon
Planctomices y Chlamydiae
Spirochaetes
Bacteroides e Flavobacterias
Bacterias verdes do xofre
Bacterias Gram-positivas con G-C alto
Bacterias Gram-positivas con G-C baixo
Cianobacterias e cloroplastos
Bacterias verdes non do xofre
Thermotogales
Hydrogenobacter/Aquifex
Archaea Euryarchaeota
Crenarchaeota
Koryarchaeota
Eukarya Diplomónadas
Microsporidia
Parabasálidos
Mixomycota
Euglenozoos
Naegleria
Entamoeba
Acrasiomycota
Rhodophyta
Ciliados
Dinoflagelata
Apicomplexa
Laberintúlidos
Oomicota
Xantophyta
Chrysophyta
Phaeophyta
Diatomeas
Plantae
Fungi
Animalia
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com