Ungulado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un ungulado é un mamífero que se apoia e camiña co extremo dos dedos (ou descende dun animal que o facía), que están revestidos dun pezuño, como por exemplo a cabra. Trátase do grupo de mamíferos máis diverso que existe na actualidade e encóntranse en todo o mundo agás na Antártida, e Oceanía, onde foron introducidos. Os últimos achados fósiles e xenéticos indican que os cetáceos deberían ser considerados, inda que pareza incrible, como ungulados. A partir de análises moleculares, parece ser que os cetáceos descenden de animais artiodáctilos non especificados, e non de mesoníquidos como suxerían os estudosos de fósiles. Dentro dos ungulados pódense citar as siguientes ordes existentes na actualidade:
- Artiodáctilos
- Perisodáctilos
- Proboscídeos
- Sirenios
- Hiracoideos
- Tubulidentados
- Cetáceos