La
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para a nota musical, vexa la (música)
A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era ampliamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (vén dunha pranta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partires da revolución industrial.