Densidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Magnitude derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). Polo tanto a fórmula para o seu cálculo é
d=M/V
onde d representa a densidade, M a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa. A súa ecuación de dimensións é: [d]=M·L-3*
A súa unidade no SI é o kg.m-3. A densidade da auga é 1000kg.m-3.
Por extensión, aplícase a outros tipos de medida que dividen unha unidade fundamental entre unha unidade de lonxitude, superficie ou volume (densidade do campo gravitatorio, eléctrico ou vectorial en xeral, densidade de poboación) e coloquialmente tamén para cando o denominador é o tempo (densidade de corrente ou de fluxo electromagnético).
(*) Nota: correntemente o símbolo que se usa para o primeiro caso é a letra grega ρ.