Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Auga - Wikipedia

Auga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Química

H2O, molécula de auga.
Agrandado
H2O, molécula de auga.
Diagrama da molécula de auga coas dimensións.
Agrandado
Diagrama da molécula de auga coas dimensións.

Substancia formada a partir de átomos de Hidróxeno e Osíxeno, con moléculas de fórmula H2O.

Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón misturada con minerais e outras moitas substancias.

É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está íntimamente relacionada coa de vida. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).

Pode atoparse como auga dóce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos. A auga ten un importante papel tanto en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por seren unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas,...

A cero graos centígrados (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 graos centígrados. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 graos Kelvin. Na natureza pode atoparse tanto en estado sólido como líquido e gaseoso, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo.

[editar] Bioloxía

[editar] Función biolóxica da auga

As principais funcións biolóxicas da auga son:

  • Participa no mantemento da forma e estrutura celular e dos organismos, sobre todo nas plantas.
  • É un excelente disolvente, especialmente das substancias iónicas e dos compostos polares.
  • Intervén como axente químico reactivo na hidratación, hidrólise e oxidación-redución.
  • Permite o movemento no seu seo das partículas disoltas (difusión) e constitúe o principal axente de transporte de moitas substancias nutritivas reguladoras ou de excreción.
  • É un excelente termorregulador.

[editar] Enfermidades causadas por auga contaminada

Protozoos Enfermidade Síntomas
Amoeba Disentería ameboide Forte diarrea, dor de cabeza, dor abdominal, calafríos, febre; de non se tratar, abscesos no fígado, perforación intestinal e morte
Cryptosporidium parvum Criptosporidiose Sensación de mareo, vómitos, diarrea acuosa, falta de apetito
Giardia lamblia Gardase Diarrea, fatiga, cambras abdominais, flatulencia.
Toxoplasma gondii Toxoplasmose Gripe, inflamación das glándulas linfáticas; aborto e infeccións cerebrais.


Bacteria Enfermidade Síntomas
Aeromonas sp. Enterite Diarrea moi líquida, con sangue e moco
Campylobacter jejuni Campilobacteriose Gripe, diarreas, dor de cabeza e estómago, febre, cambras e náuseas
Escherichia coli Infeccións do tracto urinario, meninxite neonatal, enfermidades intestinais Diarrea acuosa, dores de cabeza, febre, uremia, danos hepáticos
Plesiomonas shigelloides Plesiomonas-infección Náuseas, dores de estómago e diarrea acuosa, dores de cabeza e vómitos
Salmonella typhi Febre tifoide Febre
Salmonella sp. Salmonelose Mareos, cambras intestinais, vómitos, diarrea e ás veces febre leve
Streptococcus sp. Enfermidade (gastro) intestinal Dores de estómago, diarrea e febre, ás veces vómitos
Vibrio O Tor Cólera (forma leve) Forte diarrea



[editar] Toponimia

Da importancia da auga na vida biolóxica e sentimental do ser humano, sobre todo nas súas orixes nas que non dispuña dela a pracer coma agora, dan conta a abundancia de topónimos. Estes son algúns exemplos espallados:

  • Alhama (Provincia de Almería, Provincia de Granada, Provincia de Zaragoza) do árabe al-hammah, "fonte termal".
  • As Burgas (Provincia de Ourense) probable do euskera: bero + ur + ga, "manacial ou lugar de auga quente".
  • Dos Aigüas (Provincia de Valencia)
  • A Fervenza (Fene, Provincia da Coruña) ← ferver
  • río Guadalquivir significa "río río río" ← Wad ("cauce" en árabe) + al (artigo determinado árabe) + quivir (supostamente do íbero ibr, "agua", coma Ebro, Iberia, etc.); o mesmo con moitos topónimos que comezan por Guad-: Guadiana, Guadalix, Guadalete, Guadalhorce, Guadiamar del Segura, Guadalajara, Guadarrama (del árabe "río de arena"), etc. Co segundo termo íbero: Alcazarquivir.
  • Lago de Carucedo (Provincia de León), polo represado formado cando os romanos botaron os restos de terra da mina de ouro de Las Médulas e se encorou arroyo;
  • Santiago de Entrambasaugas (Guitiriz, Provincia de Lugo) ← entre + ambas + augas ("aguas")
  • Septe Aigüas (Provincia de Valencia)
  • Tambre (Santiago de Compostela, Provincia da Coruña) ou Tamuxe e Tameiga (Mos, Provincia de Pontevedra) ← supostamente de Tam-, "río" precéltico, paracéltico o céltico.
  • Tossa de Mar (Provincia de Girona), do euskera: iturri, "fonte".
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com