Hernán Cortés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hernán Cortés (1485 - 1547) (asinaba as as súas cartas como Fernán Cortés) conquistou o territorio do México en favor da coroa española. Naceu en Medellín, na provincia da Estremadura, no Reino de Castela, en España, en 1485. Era fillo único de Martín Cortés e Catalina Pizarro Altamirano. Era parente, por parte da nai, con Francisco Pizarro que, máis tarde conquistaría o Imperio Inca (que é, hoxe, o Perú) e que non debe ser confundido co Francisco Pizarro que axudou a,Cortés na loita contra os Aztecas. Morreu en Sevilla, España, o 2 de decembro de 1547.
Cando chegou ao México, Moctezuma, imperador dos astecas, creeu que era o deus Quetzalcoatl que voltaba do exilio para vingarse.
[editar] Conquista do México
Marqués do Vale de Oaxaca (1485-1547), conquistador do México. Naceu nunha familia nobre española e aos 19 anos embarcou rumbo á illa de Hispaniola. En 1511, xuntouse á expedición de Diego Velázquez para conquistar Cuba; como resultado, tornouse un home de poses; comezou a preparar, coa axuda de Velázquez, unha expedición para colonizar o México. Iniciouna repentinamente, despois dun desentendimento con Velázquez; desembarcando en Vera Cruz o 21 de abril de 1519, logo atopou mensaxeiros dos astecas.
A súa chegada coincidiu co vaticinado retorno do deus-rei Quetzalcóatl asteca, e el foi saudado polo imperador Moctezuma en Tenochtitlán, a capital asteca. As suspeitas brotaban, sen embargo, entre os astecas, e Cortés detivo a Moctezuma como refén, forzandoo a negociar co seu pobo. Neste medio tempo, Velázquez enviou unha forza mandada por Pánfilo de Narvaéz para atopar a Cortés, mais el converteunos do seu lado en Vera Cruz, en 1520. El voltou entón para Tenochtitlán, onde irrompeu unha loita durante a súa ausencia. Moctezuma foi mortalmente ferido e o novo imperador, Cuautemoc, liderou os astecas para desaloxar os españois da cidade. Cortés retornou ao ano seguinte e o cerco final durou 93 días, coa queda da cidade o 13 de agosto de 1521. O resto do imperio foi subxugado axiña, mais unha expedición para Honduras, en 1524, fracasou. Cortés foi perdoado pola súa 'rebeldía' por Carlos I da España e recebeu como premio propriedades, mais pasou a maior parte do resto da súa vida loitando no México e na España.