Francio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||||||||
Xeral | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome, símbolo, número | Francio, Fr, 87 | ||||||||||||||||||
Serie química | Metal alcalino | ||||||||||||||||||
Grupo, período, bloque | 1, 7 , s | ||||||||||||||||||
Densidade, dureza Mohs | 1870 kg/m³, sen datos | ||||||||||||||||||
Aparencia | Metálico | ||||||||||||||||||
Propiedades atómicas | |||||||||||||||||||
Peso atómico | (223) uma | ||||||||||||||||||
Radio medio† | Sen datos | ||||||||||||||||||
Radio atómico calculado | Sen datos | ||||||||||||||||||
Radio atómico calculado | Sen datos | ||||||||||||||||||
Radio covalente | Sen datos | ||||||||||||||||||
Radio de Van der Waals | Sen datos | ||||||||||||||||||
Configuración electrónica | [Rn]7s¹ | ||||||||||||||||||
Estados de oxidación (óxido) | 1 (base forte) | ||||||||||||||||||
Estrutura cristalina | Cúbica centrada no corpo | ||||||||||||||||||
Propiedades físicas | |||||||||||||||||||
Estado da materia | Sólido | ||||||||||||||||||
Punto de fusión | 300 K | ||||||||||||||||||
Punto de ebulición | 950 K | ||||||||||||||||||
Entalpía de vaporización | Sen datos | ||||||||||||||||||
Entalpía de fusión | Sen datos | ||||||||||||||||||
Presión de vapor | Sen datos | ||||||||||||||||||
Velocidade do son | Sen datos | ||||||||||||||||||
Información diversa | |||||||||||||||||||
Electronegatividade | 0,7 (Pauling) | ||||||||||||||||||
Calor específica | Sen datos | ||||||||||||||||||
Condutividade eléctrica | 3 x 106 m-1?-1 | ||||||||||||||||||
Condutividade térmica | 15 W/(mK) | ||||||||||||||||||
1̊ potencial de ionización | 380 kJ/mol | ||||||||||||||||||
Isótopos máis estables | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Valores no SI e condicións normais (0 ºC e 1 atm), agás indicación en contra. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico ou iónico. |
O francio (en homenaxe a Francia) é un elemento químico de símbolo Fr , número atómico 87 (87 protóns e 87 electróns) que ten unha masa atómica [223] u. É un elemento metálico, radioactivo, existente no grupo alcalino da clasificación periódica dos elementos. A temperatura ambiente, o francio encóntrase en estado líquido.
Foi descuberto en 1939 por Marguerite Perey, no Instituto Curie de París, como resultado do decaemento radioactivo do isótopo astato-227.
Índice |
[editar] Características principais
O francio é o metal alcalino máis pesado, resulta do decaemento alfa do actinio e é o elemento máis electropositivo. Todos os seus isótopos son radiactivos e teñen unha vida curta.
Pode ser producido sinteticamente a través do bombardeamento de torio con protóns. Pode ser producido tamén bombardeando radio ou astato con neutróns.
As propiedades químicas probablemente son semellantes ás do cesio, con estado de oxidación +1, ou sexa, oxidándose con osíxeno, reaccionando con auga formando base, con ácidos formando sales, e cos halóxenos.
[editar] Historia
Déuselle nome a este elemento en homenaxe a Francia, onde foi descuberto en 1939, por Marguerite Perey (que traballou como asistente de Marie Curie) no "Instituto Curie" de París. Este elemento detectouse por Perey cando estudaba o decaemento radioactivo do actinio-227 ,verificando como produto de decaemento un novo elemento, de número atómico 87.
A estrutura atómica do francio estudouse entre 1970 e 1980 por un equipo de investigadores liderados por Sylvain Lieberman.
Non existe, fóra da investigación científica, ningunha aplicación deste elemento e dos seus compostos. Debido á súa vida moi curta non é posible obter este elemento en cantidades comerciais significativas.
[editar] Ocorrencia
Ocorre naturalmente nos minerais de uranio. Estímase que, debido a súa inestabilidade, existen unhas poucas decenas de gramos deste elemento na codia terrestre. De entre os elementos da táboa periódica con número atómico inferior a 101 é o máis inestable .
[editar] Isótopos
Existen 41 isótopos de francio coñecidos. Cunha vida media de 22 minutos, o isótopo Fr-223 é o de máis longa vida deste elemento. É resultante da deterioración do isótopo Astato-227, sendo o único isótopo que ocorre naturalmente. Tódolos demais son altamente inestables, consecuentemente, Só se pode ter coñecemento das propiedades deste elemento mediante procedementos radioquímicos.
Como todo elemento radioactivo existe o perigo da contaminación por aqueles que o manexan.