Carbono (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O carbono é un elemento químico non metálico do grupo IV-A do Sistema Periódico. Nº atómico:6 (é dicir, con 6 protóns no núcleo, e, en estado neutro, 6 electróns na periferia); masa atómica:12 um (o isótopo máis abondante ten 6 neutróns e polo tanto o seu número másico Z é 12). O seu símbolo é C
Como ten catro electróns de valencia, pode tomar tanto catro electróns como cedelos. Así, pode xuntarse con outros átomos de carbono formando as longas cadeas típicas das moléculas orgánicas.
[editar] Estado
Atópase na natureza en forma libre (diamante, grafito) e noutros compostos, tales como o carbón, nos carbonatos metálicos, ademáis de tódolos compostos orgánicos, xa que é un elemento imprescindible para a vida. Por exemplo, as plantas absórbeno durante o proceso da fotosíntese para transformalo en hidratos de carbono.
[editar] Compostos
Podemos distinguir entre compostos: Inorgánicos: Dióxido de Carbono; Monóxido de Carbono. Orgánicos: todos eles xa que a chamada química orgánica tamén se coñece como química do carbono.