Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Fotosíntese - Wikipedia

Fotosíntese

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A folla é o principal sitio dunha planta onde se produce a fotosíntese
Agrandado
A folla é o principal sitio dunha planta onde se produce a fotosíntese

A fotosíntese é o proceso a través do cal as plantas, seres autotróficos, ou vexetais verdes e algúns outros organismos transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e minerais en compostos orgánicos e oxíxeno gasoso (O2). A través do proceso aqueles producen o seu propio alimento, constituído esencialmente por azucres, como a glicosa. Coa fotosíntese iníciase toda a cadea alimentaria. Sen esta, os animais e os outros seres heterotróficos serían incapaces de sobrevivir, pois a base da súa alimentación estará sempre nas substancias orgánicas proporcionadas polas plantas verdes.

Índice

[editar] A relación da cor verde das plantas coa luz

Xa na antigüidade Aristóteles observara e describira que as plantas necesitaban luz solar para adquirir a cor verde. Mais foi en 1771 cando o estudo do proceso fotosintético comezou a observarse por Joseph Priestley. Aquel químico inglés, confinando unha planta nunha redoma de cristal comprobou a produción dunha substancia que permitía a combustión, e que, en certos casos avivaba a chama dun carbón en brasa. No futuro acabouse descubrindo que a dita substancia era un gas, o oxíxeno.

[editar] A descuberta da utilización do carbono do ar

Na segunda metade do século XVIII, Jan Ingenhousz, físico-químico holandés, sustentou que o dióxido de carbono do ar era utilizado polas plantas como nutriente. A comprobación deuse deseguida por diversos químicos daquel século que repetiron as experiencias do científico holandés.

[editar] A incorporación da auga polas plantas

Nicolas-Théodore de Saussure, xa no inicio do século XIX, descubriu que os vexetais incorporaban auga aos seus tecidos.

[editar] A descuberta da retirada de nutrientes do solo

Unha observación importante foi que o nitróxeno, así como diversos sales e minerais, eran retirados do solo polas plantas. E que a enerxía proveniente do Sol se transformaba en enerxía química, ficando almacenada nunha serie de produtos en virtude dun proceso que entón acabou sendo chamado de fotosíntese.

A substancia chamada clorofila illouse na segunda década do século XIX. Tamén naquel século se descubriu que a clorofila é a responsábel da cor verde das plantas, alén de desempeñar un papel importante na síntese da materia orgánica. Julius von Sachs demostrou que a clorofila se localizaba nos chamados orgánulos celulares, que despois, a través de estudos máis precisos, chamáronse de cloroplastos.

[editar] A reprodución do ciclo da clorofila en laboratorio

Ao avanzaren as técnicas bioquímicas, en 1954 foi posíbel o illamento e extracción daqueles orgánulos intactos. Foi Daniel Israel Arnon, quen obtivo cloroplastos a partir das células do espinafre conseguindo reproducir en laboratorio as reccións completas da fotosíntese.

[editar] As etapas da produción de clorofila

Con estas técnicas se descubriu, por exemplo, que a fotosíntese ocorre en dúas etapas:

  • A etapa clara, onde a luz solar se capta e a molécula de auga se descompón para utilización do hidróxeno e liberación do oxíxeno.
  • A etapa escura, onde se observa un ciclo descuberto polo bioquímico norteamericano Melvin Calvin. Nesa fase chamada de ciclo de Calvin, o carbono que provén do dióxido de carbono do ar fíxase e intégrase nunha molécula carbohidratada.

As plantas novas consomen máis gas carbónico e liberan máis oxíxeno, pois o carbono incorpórase á súa estrutura física durante o crecemento.

[editar] O proceso da clorofila

As follas das plantas conteñen células fotosintetizadoras, que conteñen clorofila, esta ordénase en estruturas chamadas de cloroplastos, estes posúen forma alongada, elíptica ou globular e revístense dunha membrana dupla. Estas estruturas son sensíbeis á luz.

A clorofila é responsábel da absorción de enerxía luminosa que será utilizada para nunha reacción complexa onde o dióxido de carbono reacciona coa auga, formándose glicosa (base dos hidratos de carbono), que se almacena e utilizada polas plantas, liberándose, como residuo desta operación, moléculas de oxíxeno.

[editar] Organismos fotosintetizadores

Alén das plantas verdes, inclúense entre os organismos fotosintéticos certos protistas (como as diatomáceas e as euglenoidinas), as cianófitas (algas verde-azuladas) e diversas bacterias.

[editar] Factores que afectan a fotosíntese

[editar] O acúmulo dos elementos fotosintetizados

O alimento producido durante a fotosíntese acumúlase posteriormente en varios órganos das plantas, esencialmente baixo a forma de amidón:

  • en raíces (como as raíces tuberculosas da cenoria, do nabo, da batata doce...);
  • en caules (como o tubérculo da batata, o caule dos cactos, os rizomas dalgunhas plantas, etc);
  • en follas (como nas follas escamiformes presentes nos bulbos da cebola e do allo);
  • en froitos;
  • en sementes (como é o caso do trigo, do millo, do xirasol, cacahuete, améndoa, noz...);

[editar] A importancia da fotosíntese

A importancia da fotosíntese para a vida na Terra é enorme. A fotosíntese é o primeiro e principal proceso de transformación de enerxía na biosfera. Ao alimentármonos, parte das substancias orgánicas, producidas grazas á fotosíntese, entran na nosa constitución celular, en canto outras (os nutrientes enerxéticos) fornecen a enerxía necesaria ás nosas funcións vitais, como o crecemento, a reprodución, etc...

[editar] Subprodutos remotos da fotosíntese

Indirectamente, mais non menos efectivamente, o petróleo e o carbón, que se utilizan polo ser humano como fonte de enerxía, parecen ter orixe na fotosíntese, pois, son produtos orgánicos considerados provenientes de seres vivos (plantas ou seres que se alimentaban de plantas) doutras eras xeolóxicas.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com