Algodón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O algodón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos frutos dalgunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae. Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a gran escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
Índice |
[editar] Descripción
As fibras recóllense manualmente ou coa axuda de máquinas. Dunha forma ou doutra, as fibras sempre conteñen pequenas sementes negras e triangulares que precisan ser extraídas antes do procesamento das fibras. As fibras son, de feito, pelos orixinados da superficie das proprias sementes. Estas sementes tamén poden aproveitarse para a obtención dun aceite comestible.
Nos primeiros 28 días despois da abertura da flor, as referidas células medran axiña en lonxitude, ata o 91 % da lonxitude final. Deseguida, o crecimento dos 9% finais vólvese lento e estabilízase en torno dos 47-51 días do florecemento. Aos 21 días, a parede da célula resúmense, basicamente, en cutícula e capa, fina, de celulosa.
[editar] Fase de deposición de celulosa
De 21 ata os 52-56 días despois da abertura da flor, a deposición de celulosa é intensa (96%), co consecuente engrosamento da parede secundaria por capas concéntricas sucesivas de material depositado, de fóra para dentro da fibra. A deposición dos 4% finais é de lenta e estabílizase aos 61-64 días do florecemento. A temperatura e a luminosidade inflúen decisivamente na cantidade de celulosa depositada, que se asocia ao grao de maduración da fibra de algodón, ese comportamento amósase na fase na que a celulosa se deposita na fibra.
[editar] Fase de abertura dos frutos
Nos últimos 8-9 días antes da abertura dos frutos, a deposición de celulosa é máis lenta. A expansión da masa de fibras, aliada ao aumento da presión interna, e o proceso de deshidratación gradual da casca do fruto provocan a súa propra abertura, que pasa a ser denominada de casulo.
[editar] Casulo de algodón aberto (fibra madura)
Coa abertura dos frutos pérdese auga con gran rapidez, provocando a contracción das fibras sobre si. Hai un colapso da forma tubular, co achatamento das fibras que asumen, na súa sección transversal, a forma característica de gran de faba. Aparecen, ao longo das fibras achatadas, os puntos de reversión ben para un lado ben para o outro, conferíndolles a súa calidade de fiabilidade.
[editar] Estrutura da fibra
Aparencia de verniz. Contén cera, gomas, pectinas e aceites. A cera é responsable do control da absorción de auga
[editar] Cutícula
É a parte máis externa da fibra e constitúe unha capa de protección, fina e resistente, con pola fibra. É a capa situada debaixo da cutícula.
[editar] Parede primaria
Está constituída por celulosa, na forma de fibrilas microscópicas dispostas transversalmente en relación ao lonxitude da fibra, en espirais dextro ou levóxiras. Nunha mesma fibra, o sentido das espirais non muda. A formación da parede primaria determina a lonxitude da fibra. Esa parede contén outras substancias tamén, como azucres, pectinas e proteínas.
[editar] Parede secundaria
A parede secundaria localízase debaixo da parede primaria, representando a maior parte da espesura desta. Formada por varias capas concéntricas de celulosa case pura, na forma de fibrilas cristalinas aglomeradas en espirais, cuxo sentido muda ao longo dunha mesma fibra. Da súa natureza dependen fundamentalmente a resistencia e a maturidade da fibra.
[editar] Lume
É a canle central da fibra. De sección circular durante a formación desta, pasa a ter contorno irregular despois do proceso de deshidratación (colapso). Contén residuo proteico do protoplasma da célula que orixinou a fibra. A fibra madura presenta paredes relativamente espesas, con menos torcións e lume reducido, ao paso que fibras inmaturas son máis achatadas, contorcida, con paredes delgadas de lume amplo.
[editar] Composición química
O principal compoñente da fibra de algodón é a celulosa, que representa a maior parte da súa composición química. A cadea de celulosa queda constituída por moléculas de glicose. A disposición destas moléculas na cadea denomínase celulosa amorfa e cristalina, e ten un importante papel nas características das fibras. Despois da celulosa, a cera é o máis importante na fibra de algodón. É responsable do control de absorción de auga pola fibra e funciona como lubrificante entre as fibras durante os procesos de estiraxe na fiación.
Composición química aproximada da fibra de algodón, determinada en vase seca:
- Celulosa.................................94,0 %
- Proteínas..................................1,3 %
- Cinsas.......................................1,2 %
- Substancias pécticas...............0,9 %
- Ácidos málicos, cítrico, etc....0,8 %
- Cera..........................................0,6 %
- Azúcares totais.......................0,3 %
- Non dosados...........................0,9 %
- TOTAL.....................................100 %
[editar] Propredades físicas
As propiedades físicas da fibra determinan a súa calidade ou valor tecnolóxico. Non obstante, o concepto de calidade do algodón sofreu modificacións no pasado en función das tecnoloxías realizadas. Antigamente o valor do algodón determinábao a lonxitude da fibra e o tipo comercial, comprobándoo o primeiro de xeito manual polos clasificadores e o segundo, visualmente, en función da limpeza, aparencia, cor e aspectos de do produto. A investigación revelou a importancia doutras características físicas, utilizando aparellos axeitados, cuxa evolución foi rápida nas últimas décadas. Hoxe en día, a maioría das industrias xa teñen en consideración o Índice Micronaire, a tenacidade da fibra e a maduración na avaliación da materia prima.
[editar] Ligazóns Externas
- Gossypium links Ligazóns a páxinas informativas sobre o algodón e o xénero Gossypium.