Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Proteína - Wikipedia

Proteína

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Proteína (do grego πρωτεϊνη, primeiro) é unha macromolécula cuxos monómeros son α-aminoácidos. As proteínas son parte constituínte dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas. Constituen, xunto cos azucares e lípidos, a alimentación básica dos animais. Son substancias sólidas, incoloras, coloidais, insolubeis en solventes orgánicos, uns con algunha solubilidade en auga, e outros con algunha solubilidade en solucións acuosas diluidas de ácidos, bases ou sais.

Índice

[editar] Síntese

As proteínas son compostos orgánicos de estructura complexa e masa molecular elevada ( entre 15.000 e 20.000.000 u ) e son sintetizadas polos organismos vivos a través da condensación dun gran número de moléculas de alfa-aminoácidos, a través de ligazóns denominadas ligazóns peptídicas.

Son tamén compostos caternarios de carbono ( C ), hidróxeno ( H ), oxíxeno ( O ) e nitróxeno ( M ), e constituídas por dous grupos funcionais: o grupo amina ( R-Ñ- ) e o grupo carboxilo ( R-CO-), derivados dos aminoácidos e que establecen as ligazóns peptídicas.

Existen 23 aminoácidos coñecidos, dos cais 8 son esenciais ( esenciais significa que o noso organismo non é capaz de producir, por iso temos dos inxerir a través dos alimentos para os posuir ). Unha cadea de aminoácidos denominase de "peptideo", estas poden posuir 2 aminoácidos ( dipeptídeos ), 3 aminoácidos ( tripeptídeos ), 4 aminoácidos ( tetrapeptídeos ), e moitos aminoácidos ( polipeptídeos ). O termo proteína é dado cando na composición do polipeptídeo entron centenas, millares ou millóns de aminoácidos.

Parte dunha cadea proteica mostrando as ligazóns peptídicas
Agrandado
Parte dunha cadea proteica mostrando as ligazóns peptídicas

.

As ligazóns entre aminoácidos denominanse por ligazóns peptidicas e establecense entre o grupo amina dun aminoácido e o grupo carboxilo doutro aminoácido e dáse a perda dunha molécula de auga.

Polo tanto, as proteínas son complexos constituídas por cadeas de aminoácido ligadas por ligazóns peptídicas. Son macromoléculas con, no mínimo centenas de aminoácidos. Son polímeros que se orixinan dunha reación de polimerización de aminoácidos que son os monómeros.

[editar] Clasificación

[editar] Composición:

En canto a estructura molecular, as proteínas clasificanse en:

  • Proteínas simples ou homoproteínas:
  • Proteínas constituídas somente por aminoácidos como, por exemplo, a queratina ( cabelo ).
  • A hidrólise completa desas proteínas producen unicamente α-aminoácidos.
  • Proteínas complexas, conxugadas ou heteroproteínas:
  • Proteínas que presentan a cadea de aminoácidos ligada a un radical diferente ( grupo prostético ).
  • Dependendo do grupo prostético, as proteínas poden se clasificadas en:
  • Glicoproteínas: o grupo é un glicidio. Exemplos: mucina ( saliva ) e osteomucoide ( osos ).
  • Cromoproteínas: o grupo é un pigmento. Exemplos: clorofila ( vexetais verdes ) e hemoglobina ( sangue ).
  • Fosfoproteínas: o grupo é o ácido fosfórico. Exemplos: vitelina (xema do ovo) e caseína (leite).
  • Nucleoproteínas: o grupo é un ácido heterocíclico complexo.
  • A hidrólise completa desas proteínas producen α-aminoácidos e grupos prostéticos.

[editar] Estructura tridimensional:

Estructuras tridimensionais das proteínas
Agrandado
Estructuras tridimensionais das proteínas

As proteínas poden ter 4 tipos de Estructura dependendo de configuración espacial da cadea polipeptidica, do tamaño da cadea, e do tipo de aminoácidos que posúe. As Estructuras son:

  • Estructura primaria:

Secuencia linear de aminoácidos unidos por ligazóns péptidicas.

  • Estructura secundaria:

Constituída por unha cadea de aminoácidos en que se establecen ligazóns por pontes de hidróxeno entre os aminoácidos distantes da cadea. Estas ligazóns conferenlle a forma en hélice ou folla pregada.

  • Estructura terciaria:

Resulta do enrolamento da hélice ou da folla pregueada , sendo mantido por pontes de hidroxeno e disulfito. Esta estructura confere a actividade biolóxica ás proteínas.

  • Estructura caternaria:

Resulta da asociación de varias subunidades con estructura terciaria, estas permanecen unidas a través de ligazóns non covalentes.

[editar] Proteínas fibrosas e globulares:

  • Proteínas fibrosas:

Son aquelas que presentan moléculas distendidas e filamentosas, semellantes a longos fios. coláxeno e fibrina son exemplos de proteínas fibrosas. Son raras.

  • Proteínas globulares:

Apresentan as moléculas enroladas como novelos ,e son solubeis na auga formando micelas. A maioría das proteínas presentan estructura globular como, por exemplo, as encimas, anticorpos, hemoglobina, clorofila e proteínas estructurais.

[editar] Desnaturación:

As proteínas poden desnaturar. Isto acontece cando, por acción de substancias químicas ou do calor as proteínas sofren alteración da estructura terciaria ou a quebra das ligazóns non covalentes da estructura caternaria.

As proteínas perden a súa conformación e, consequentemente, a súa funcionalidade. A desnaturación pode ser: reversible ou irreversible.

[editar] Renaturación:

Dependendo da forma pola cal a proteína foi desnaturada, a súa conformación nativa podese recuperada (renaturación) retirandose lentamente o axente desnaturante, como por exemplo facer unha diálise contra auga para retirar o axente desnaturante urea.

[editar] Función biolóxica:

[editar] Estructural ou plástica:

Son aquelas que participan dos tecidos dandolles rixidez, consistencia e elasticidade. Son encimas Estructurais: coláxeno ( cartilaxes ), actina e miosina ( músculos ), queratina ( cabelo ), fibrinóxeno ( sangue ), albumina ( ovos ) e outras.

[editar] Hormonal:

Exercen algunha función específica sobre algún órgao ou Estructura dun organismo como, por exemplo, a insulina.

[editar] Defesa:

Os Anticorpos son proteínas que realizan a defensa do organismos contra substancias estrañas.

[editar] Enerxética:

Obtención de enerxía a partir dos aminoácidos que compoñen as proteínas

[editar] Encimática:

Aceleran as reaccións bioquímicas como, por exemplo, as lípases.

[editar] Conductoras de gases:

O transporte de gases ( oxíxeno e gás carbónico ) son transportados por proteínas como a hemoglobina e hemocianina.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com