Johann Sebastian Bach
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johann Sebastian Bach (21 de marzo de 1685 - 28 de xullo de 1750) foi un músico e compositor do periodo barroco da música erudita (mal chamada "música clásica"). Considérase un dos compositores máis grandes e influíntes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico.
[editar] Vida
Naceu en Eisenach (Turingia), no seo dunha familia de músicos. A nai de Bach morreu cando el tiña 9 anos de idade. Un ano máis tarde morreu seu pai Johann Ambrosius Bach, que era músico da cidade e lle ensinara os rudimentos da música. Foise a vivir e estudiar co se irmán maior, Johann Christoph Bach, 16 anos maior ca el, por entón organista de Orhduff. Del aprendeu Bach a tocar o órgano e a composición.
En 1703,ós dezaoito anos, Bach accedeu a unha plaza de organista en Arnstadt gracias ó seu dominio do instrumento. Catro anos máis tarde trasladouse a Mühlhausen, onde casou coa suá curmá María Bárbara Bach. Alí escribíu tamén as súas primeiras cantatas. Só un ano despois, en 1708, foi nomeado organista da corte, e en 1714 director de orquesta na corte do duque Wilhelm Ernst, en Weimar.
De 1717 a 1723 Bach foi mestre de capela na corte do príncipe Leopold de Anhalt-Köthen. En 1720 faleceu a súa primeira esposa, e un ano máis tarde volveu casar, esta vez coa cantante Anna Magdalena Wilcke. A partir de 1723 e ata a súa morte, Bach foi cantor na igrexa de Santo Tomás en Leipzig. Chegou a ser invitado á corte de Federico II o Grande en Sans Souci. Finou en 1750, despois dunha intervención fracasada no ollo. Bach foi quedándose cego ata perder totalmente a vista. Actualmente crese que a súa cegueira foi orixinada por una diabete sen tratar.
Bach encabezou unha gran familia numerosa. Tivo 7 fillos do seu primeiro matrimonio e 13 do segundo. Tres dos seus fillos que tivo coa súa segunda esposa convertíronse en compositores respetados por dereito propio. Entre eles cóntanse Wilhelm Friedemann Bach (1710-1784), Carl Philipp Emanuel Bach (1714-1788, de quen Mozart tiña unha moi boa opinión) e Johann Christian Bach (1735-1782). Sen embargo, a confianza que Bach puso nun dos seus fillos maiores tivo tristes consecuencias despois do seu falecemento. O fillo perdeu para sempre varias Pasiones compostas polo seu pai (que quizá agora serían tan apreciadas como a Pasión segundo San Mateo e a Pasión segundo San Juan). Se non fora polo coidado que tivo Carl Philipp Emanuel en conservar os manuscritos do seu pai, podería verse privado dunha boa parte das obras mestras de Bach.
Na época da súa vellez, cando a xente se refería a Bach facíano pensando no seu famoso fillo Carl Philipp. Nas xeracións que seguiron a Bach, soamente os compositores e músicos coñecían a súa obra. Así, por exemplo, Haydn, Mozart e Beethoven tiveron un grande aprecio pola obra de Bach.
[editar] Obra
Entre as características sobrsaíntes de Bach atópase o seu dominio de complexos e inxeniosos contrapuntos. Levou á súa culminación oxénero da fuga na súa obra O clave ben temperado que consiste en 48 preludios e fugas, un preludio e unha fuga para cada tonalidade maior e menor. Outro traballo importante é A arte da fuga que quedou incompleto á súa morte. Composto coa idea de que fose un conxunto de exemplos das técnicas de contrapunto, El arte de la fuga consta de 14 fugas con diferentes formas, pero todas co mesmo tema básico.
Tamén revisten grande interese os seus concertos, que Bach compuxo baseándose na forma dos concertos de Antonio Vivaldi (1678-1741), compositor e violinista italiano contemporáneo seu. Así, por exemplo, os Concertos de Brandenburgo caracterízanse por estar adicado cada un a un grupo diferente de instrumentos solistas.
Bach escrbíu moita da súa música para a igrexa luterana. En particular as súas cantatas foron compostas para as misas dominicais, e as súas pasións para as ceremonias de Venres Santo.
Ademais das xa citadas, outras obras célebres de Bach son as Suites para orquesta, as Suites para violonchelo, os Concertos para violín e a Misa en si menor.
O reestreno da Pasión segundo San Mateo o 11 de marzo de 1829 por Mendelssohn deu un gran pulo á divulgación da música de Johann Sebastian Bach.
O rexistro das obras de Bach foi elaborado por Wolfgang Schmieder. Coñécese polas iniciais "BWV", que significan Bach Werke Verzeichnis (Catálogo de obras de Bach). Bach tivo numerosos alumnos e estudiantes ó longo da súa vida. Entre eles cóntase a Johann Friedrich Agrícola.