Leipzig
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leipzig é a principal cidade de Saxonia, Alemaña. Ten 297.60 km² e unha poboación de 502.000 (2006). A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros. O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015, comezou a ter importancia coa instalación dunha universidade da cidade no ano 1409, o que fixo dela un dos principais centros culturais de Alemaña.