Escrita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Escrita ou escritura é o sistema de representación secundaria da lingua sobre material físico (papel, pedra, madeira, barro, etc.) que
- grafema: cada un dos símbolos da escrita;
- dígrafo: conxunto de dous símbolos que representan un só fonema;
Os sistemas de escrita poden ser de varios tipos en función do número de fonemas que representan cada símbolo:
- alfabeto, onde se busca que cada fonema ou son (vogal ou consoante) estea representado por un grafema, coma nas lingua europeas modernas ou no vietnamita;
- silabario onde os grafemas representan sílabas, conxuntamente con diacríticos ou non, coma o adoptado nalgunhas linguas amerindias norteamericanas;
- abxad ou alfabeto consonántico, como o alifato árabe;
- sistema de trazos ou "trazalato" ou hangûl, que só se coñece usado no coreano;
- sistema pictográfico coma o ideográfico chinés, xeroglíficos maia ou exipcio;
- sistemas mixtos como o xaponés.
As filosofías nas que se basan as escollas gráficas nos sistemas de escrita poden ser:
segundo respecten á pronuncia ou a tradición escrita anterior. As dúas perspectivas vanse diferenciando co tempo, pois o establecemento e mantemento da norma escrita muda a unha velocidade menor có da pronuncia. Por exemplo, o inglés de agora escríbese como se pronunciaba hai varios séculos (por iso non hai unha correlación).
[editar] A aparición da escrita
A escrita apareceu por vez primeira en Súmer, na Mesopotamia; dous ou tres séculos máis tarde, e de maneira independente, apareceu no Exipto. Desde Mesopotamia, a técnica extendeuse ao reino viciño de Elam e, desde este, pasou ao val do Indo a mediados do III milenio a.C. Na China, os primeiros textos apareceron, tamén de maneira independente, a mediados do II milenio.
En todos os casos, tanto a estrutura interna como a evolución da tecnoloxía asociada son moi semellantes: En primeiro lugar úsanse signos que representan esquematicamente obxecos (pictogramas) e estes pásanse a ler como palabras, convertíndose así en logogramas. Ademais, os logogramas adquiren unha lectura alternativa como entidades fónicas sen significado semántico intrínseco (silabogramas).
Os medios inmediatamente anteriores á escrita consistiron no que o arqueólogos denominan bulas, pequenas bolas de arxila marcadas por fora con selos cilíndricos e con fichas, tamén de arxila, no interior. Estas fichas teñen formas diferentes e probabelmente representan unhas numerais (1, 10 ou 60) e outras bens típicos da cultura mesopotámica, como cabezas de gando ou recipientes. Ás veces, as bulas tamén levan impresas no exterior marcas que coinciden coa forma e número de fichas do interior. Usáronse entre os anos 5000 e 4000 a. de C. en uruk, Susa e o curso medio do Éufrates. Suponse que o vendedor ou subministrador enviaba a mercadoría e asegurábase de que chegaba intacta, na mesma cantidade en que fora expedida, facéndoaa acompañar destas bulas. Moitas delas atopáronse sen rachar, o que indica que se confiaba na integridade da mensaxe transmitida.
Comezouse entón a prescindir das fichas e a gravar sempre os signos e se selase o documento, co cal as novas tabelas perdían tamaño e gañaban en estabilidade, o que facilitaba o seu manexo e arquivo.
Estas mensaxes, consistentes exclusivamente en numerais e deseños esquemáticos de obxectos, podían ser interpretados por falantes de diferentes linguas. Ao non faceren referencia a palabras, senón a feitos e procesos extralingüísticos, non se poden considerar escrita en sentido estrito.
Arredor do ano -3300, os pictogramas pasaron a representar palabras dunha lingua viva, o sumerio, tornándose en logogramas. Nesta época usábanse perdo de dous mil signos lingüísticos.
O paso seguinte deuse ao abstraer o son puro dun signo prescindindo do contido semántico da figura. O sumerio era unha lingua eminentemente monosilábica, co que se obtivo un repertorio extenso de sílabas puras, ou silabogramas. Estes signos podíanse ler como representación de obxectosou ben para representar palabras dificilmente representábeis mediante logogramas, como os nomes abstractos e verbos de difícil representación. Cos silabogramas resultaban máis difíceis de memorizar, pero eran máis flexíbeis á hora de codificafr a linguaxe, o que favoreceu que se reducise o seu número. Na época de Gamdat Nasr (arredor do ano -3000), usábase xa o mesmo conxunto de signos de maneira uniforme en todo o sul da Babilonia.
Se nun principio a escrita acompañaba exclusivamente a cultura oral e se reducía a mensaxes simples que anotaban unicamente os datos esenciais dun proceso, cos silabogramas foi posíbel escribir textos moito máis complexos, como himnos, proverbios e conxuros máxicos. En volta do -2300, xa se plasmaban co mesmo repertorio de signos os matices morfolóxicos e sintácticos de tres linguas diferentes, o siro-eblaíta, o sumerio e o acadio antigo.
A escrita cuneiforme] foi un desenvolvemento forzado pola utilización dun punzón de cana ou de folla de cana sobre as tabelas de arxila. Estas representacións adoptaban a forma de liñas rectas e difundíronse moi rapidamente. Os documentos importantes ian sempre autentificados por medio de un ou varios selos.
[editar] Incoherencias do sistema ortográfico galego
A normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego non é perfecta e non está exenta de críticas. A súa base é principalmente etimolóxica, pois respecta por exemplo o uso do v e do b en función da escrita latina. Esta filosofía ortográfica, por outra parte normal nas linguas románicas, sobre todo da contorna (agás por exemplo no aragonés ou no italiano), non evita certas incoherencias respecto á pronuncia:
- Duplicidade gráfica cando existe unha soa pronuncia fonolóxica co uso de b e v;
- Duplicidade fónica cando existe un só grafema o que representa á vogal velar semiaberta e á vogal semipechada;
- Duplicidade fónica cando existe un só grafema e que representa á vogal palatal semiaberta e á vogal semipechada;
- Mantemento dun grafema para o cal non existe pronuncia: o h;
- Existencia dunha disimetría na escrita das consoantes oclusivas velares:
- Fronte ó uso prescrito de gu ante e e i, débese utiliar g ante a, o e u;
- Para este mesmo fonema consonántico sonoro seguido de semivogal velar, débese usar gü ante e e i e usar gu ante a, o e u;
- Mentres que ante a, o e u debe escribirse c, ante e e i debe usarse qu;
- Isto mesmo pasa para a consoante interdental: mentres que ante a, o e u debe escribirse z, ante e e i debe usarse c. Un esquema destes usos asimétricos sería a seguinte táboa:
VOGAL | I | E | A | O | U |
VELAR OCLUSIVA SONORA | GU | GU | G | G | G |
VELAR OCLUSIVA SONORA + SEMIVOGAL | GÜ | GÜ | GU | GU | GU |
VELAR OCLUSIVA XORDA | QU | QU | C | C | C |
INTERDENTAL FRICATIVA XORDA | C | C | Z | Z | Z |
Estas mesmas normas incúmprense (por exemplo, non se escribe "Hespaña" ou "Xohán" inda que a etimoloxía así o obrigaría) ou ás veces son escuras (non se coñece con seguridade a etimoloxía de todo o léxico galego)