Romariz, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Xoán de Romariz, a parroquia esta delimitada coas freigresías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo o Norte, Quende polo Sur, por Leste Quende e Sasdónigas; Fanoi e Labrada polo Oeste. O curato pertenceu a viacría da Maestrescolía de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores. Pertence o arciprestazgo de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación, 15 lugares e 193 habitantes, sendo a sua densidade media de 11´7 hab/Km2 no 2004.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Os Ares (33), Arriba (8), O Barreiro (2), O Bidueiro (12), O Cepo (10), Choi (abandoado), O Cruceiro (28), O Curraíño (12), Os Currás (6), Espiñarcao (68), A Valiña de Freire (5) e A Valiña (9).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Os Anellos, As Cabeceiras, A Campa Vella, O Concello, O Costeiro, A Fieitiña, A Fonte, A Fraga Vella, Lama Grande, A Pedreira, Porto do Río, Os Regos, O Requeixo, A Rúa e As Samargosas.
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 23'
Lonxitude: 7º 27'
Superficie: 16,49 Km²
- Monumestos:
Igrexa posiblemete do seculo XIII. Romariz dispon dun cruceiro realizado en granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo no anverso; capitel con ánxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de San Xoán Bautista na parte superior, e atributos da Paixón; basa o seu tronco-piramidal; con inscricions, sobor plataforma con 3 escalons cadrangulares.
Lugares da parroquia de Romariz no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Anellos | Os Ares | Arriba | O Barreiro | O Bidueiro | As Cabeceiras | A Campa Vella | O Cepo | Choi | O Concello | O Costeiro | O Cruceiro | O Curraíño | Os Currás | Espiñarcao | A Fieitiña | A Fonte | A Fraga Vella | Lama Grande | A Pedreira | Porto do Río A Rúa | Os Regos | O Requeixo | As Samargosas | A Valiña de Freire | A Valiña | O Xaral | As Xunqueiras |