Cabaneiro, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
San Bertomeu de Cabaneiro, parroquia do concello de Abadín. Nos seus 6 lugares residen 63 veciños (2004).
San Bertomeu de Cabaneiro
- Esta rodeada polas parroquias de Abadin, Fanoi, Candiá, Corvite, Goás, Quende, Fraiás e o concello de A Pastoriza. Pertencente o arciprestazgo de Baroncelle, esta parroquia ten 63 habitantes e tan só 6 entidades de poboación e un lugar, sendo a densidade media de poboación no 2004 de 15,4 hab/km²
- As entidades de poboacion son as seguintes: Os Currás (12), Formado (4), Odreiro (9), A Pedreira (13), A Picheira (15) e O Porto Pequeno (10).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Panda.
Situación xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 20'
Lonxitude: 7º 28'
Superficie: 4,09 km²
- Monumentos:
A aldea dos Curras dispón de 2 cruceiros. O primeiro está composto de granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo, e a Virxe e San Xoán de menor tamaño; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con decoración xeométrica na súa parte superior, continuando cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira); e basa troncopiramidal con inscrición ilexible. Localízase no adro da Igrexa Parroquial de San Bartolomeu de Cabaneiro.
O segundo cruceiro, realizado en granito. De sinxela cruz con figura arcaizante do Cristo, con moi pouco releve. Carece de fuste e apoiase directamente sobor dunha base troncopiramidal. Non presenta inscrición ningunha coa data de realización.
Lugares da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Currás | Formado | Odreiro | A Pedreira | A Picheira | O Porto Pequeno |