Castromaior, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello de Abadín. Nos seus 10 lugares viven 196 veciños (2004).
San Xoán de Castromaior
- Rodéano as parroquias de Candiá, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba). Pertence o arciprestazgo de San Simón, ten 196 habitantes distribuidos en 12 lugares e nas suas 10 entidades de poboación (2004), sendo a sua densidade media de 16'4 hab/Km2.
- As entidades son as seguintes: A Arnela (7), O Barral (33), Billetes (19), Celme (30), Egoeiras (22), Fontefeal (20), Fraga (13), As Paredes (35), Rega do Foxo (1) e Roxoa (16).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Bioces, A Canteirada, Entrelorríos, Fontemuín, Fosas, O Grandón, O Pazo, A Pedreira, Roma, Sever, Suarriba e A Tarroeira.
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 20'
Lonxitude: 7º 32'
Superficie: 11,93 Km²
- Monumentos:
De esta parroquia é ben coñecido o Pazo da Roxoa. Unha propiedade privada que non esta aberta as visitas. Esta situado na ladeira dun outeiro que baixa cara o val. Con arboado abundante na finca e redores. Ten Pranta rectangular con corpos añadidos na parte posterior. Construcción de baixo máis un. Fachada principal: porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data 1.510, o patín central é de mampostería e 4 columnas de piedra. Fonte de 2 canos con mascarons, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro a entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas.
Desta parroquia é a Igrexa Parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea de O Barral. A Igrexa esta emprazada sobor dun antigo castro, construída no seculo XVI e reformada posteriormente. De pranta rectangular, cuberta de pizarra a duas augas. Sacristía adosada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en arista e moldura exterior sinxela; tímpano adintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadaña dun so vano. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do seculo XVIII, dous retablos laterais de traza popular, e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.
Lugares da parroquia de Castromaior no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Arnela | Barral | Billetes | Celme | Egoeiras | Fontefeal | Fraga | As Paredes | Rega do Foxo | Roxoa |