A Graña de Vilarente, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María Madalena da Graña de Vilarente limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e Goás (tamén do concello de Cospeito). Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares con 267 habitantes, sendo a densidade media de 25'8 hab/Km² no 2004.
- As entidades son as seguintes: A Cabana (34), A Cabeceira ou A Carballeira (17), O Carboeiro (26), A Casavella (6), O Coído (17), Fraga de Vila (15), Penela (14), Porto da Moura (39), A Pumarega (9), Ruavella (28), Os Trinta (13), Vilar de Nuño (34) e Vista Alegre (15).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.
Situacion xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 17'
Lonxitude: 7º 28'
Superficie: 10,35 Km²
- Montes:
Roza do Pleito (443 m.) e Marco do Forneiro (440 m.).
- Monumentos:
O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de mampostería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de pizarra. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vanos con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cadrangular de tipo asturiano, alpendres, etc... Toda a finca encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.
- Personaxes famosos:
Antonio Noriega Varela estivo destinado como profesor nesta parroquia durante algúns anos.
Lugares da parroquia de A Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín | |
---|---|
Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santa María) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán) |