Reflexión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
O termo reflexión pode ter distintos significados:
- En Óptica refírese ó fenómeno polo cal un raio de luz que incide sobre unha superficie é reflectido. O ángulo coa normal a esa superficie que forman os raios incidente e reflectido son iguais. Prodúcese tamén un fenómeno de absorción diferencial na superficie, polo cal a enerxía e espectro do raio reflectido non coinciden coa do incidente. Para unha explicación máis detallada véxase radiación electromagnética. Véxase Reflexión (física)
- En mecánica ondulatoria e acústica hai un fenómeno idéntico ó da reflexión óptica. Neste caso, o que se absorbe e/ou reflicte, xa non é luz, senón ondas. Ver: Reflexión (son)
- En Xeometría é o proceso de trasladar ou copiar tódolos puntos dunha figura a outra posición equidistante dunha recta denominada eixo de simetría. O resultado final é unha imaxe especular da orixinal.
- En Filosofía refírese ó proceso de meditar.
Categorías: Homónimos | Física | Xeometría | Filosofía