Wikipedia:Homónimos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Con frecuencia atopamos enlaces que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos - palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual -. Para evitar iso hai páxinas de homónimos que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima.
Pódese ver unha lista das páxinas de homónimos en: Categoría:Homónimos.
Nesas páxinas inclúese a seguinte mensaxe:
Para incluir esa mensaxe na páxina existe un modelo chamado {{Homónimos}} que fai que a páxina apareza automaticamente na lista da categoría Homónimos. Só hai que escribir na parte inferior da páxina {{Homónimos}}. (Lembre non se debe copiar o texto da mensaxe na páxina, basta con introducir {{Homónimos}}.)