Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Enerxía - Wikipedia

Enerxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un foguete espacial posúe unha gran cantidade de enerxía química (no combustíbel) pronta a se utilizar en canto espera na rampa. Cando o combustíbel se queima, esta enerxía transfórmase en calor (outra forma de enerxía) e tamén en enerxía cinética debido a que os gases de escape producidos impelen o foguete para arriba.
Agrandado
Un foguete espacial posúe unha gran cantidade de enerxía química (no combustíbel) pronta a se utilizar en canto espera na rampa. Cando o combustíbel se queima, esta enerxía transfórmase en calor (outra forma de enerxía) e tamén en enerxía cinética debido a que os gases de escape producidos impelen o foguete para arriba.

A etimoloxía ten as súas raíces na palabra grega εργοs (ergos), que significa "traballo".

O termo Enerxía designa, en física, todo o que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, áltofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos), etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola Física sen definición.

Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quecelo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.

Así pois, o concepto de Enerxía é un dos conceptos esenciais da Física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica, etc.), así como noutras disciplinas, particularmente na Química.

Índice

[editar] Formas de enerxía

As civilizacións humanas dependen cada vez máis dun elevado consumo enerxético para a súa subsistencia. Para iso foron sendo desenvolvidos ao longo da historia diversos procesos de produción, transporte e almacenamentos de enerxía. As principais formas de produción de enerxía son:

[editar] Enerxía potencial

Ver artigo principal: Enerxía potencial.

É a enerxía que un obxecto posúe debido á súa posición. Un martelo levantado , unha mola enroscada e un arco esticado dun atirador, todos posúen ‘‘‘enerxía potencial’‘‘. Esta enerxía está pronta a modificarse noutras formas de enerxía e, consequentemente, a producir traballo: cando o martelo caír, pregará un prego; a mola, cando solta, fará andar os ponteiros dun reloxio; o arco disparará un seta. Así que ocorrer algún movemento, a enerxía potencial da ‘‘fonte’‘ diminúe, en canto se modifica en enerxía do movemento (enerxía cinética). Levantar o martelo, enrolar a mola e esticar o arco fai, pola súa vez, uso da enerxía cinética e produce un gaño de enerxía potencial. Xeneralizando, canto máis alto e máis pesado un obxecto está, máis enerxía potencial terá.

[editar] Enerxía cinética

Unha vella locomotiva a vapor transforma enerxía química en enerxía cinética. A queima de madeira ou carbón na caldeira é unha reacción química que produce calor, obtendo vapor que dá enerxía á locomotiva.
Agrandado
Unha vella locomotiva a vapor transforma enerxía química en enerxía cinética. A queima de madeira ou carbón na caldeira é unha reacción química que produce calor, obtendo vapor que dá enerxía á locomotiva.
Ver artigo principal: Enerxía cinética.

É posuída por calquera cousa en movemento; canto máis axiña un obxecto se move, maior a súa enerxía cinética. Alén diso, canto máis pesado é un obxecto, maior é a súa ‘‘‘enerxía cinética’‘‘ (apenas cando está en movemento). As máquinas mecánicas - automóbeis, tornos, báteestacas ou calquera outras máquinas motorizadas - producen enerxía cinética, e esta especie de enerxía é moitas veces chamada de enerxía mecánica - Fórmula: Ec=1/2mV² .

[editar] Enerxía química

Ver artigo principal: Enerxía química.

É a enerxía que está almacenada nun átomo ou nunha molécula; reorganizando os átomos, ocorren reaccións químicas e a enerxía pode ser producida ou aprobeitada. As reaccións químicas xeralmente producen tamén calor; un lume a arder é un exemplo. A enerxía química tamén pode transformarse en electricidade nunha batería e en enerxía cinética nos músculos, por exemplo.

[editar] Enerxía eléctrica

Ver artigo principal: Enerxía eléctrica.

É a enerxía que se da a un obxecto facendo pasar unha corrente eléctrica a través del ou dándole unha carga eléctrica. É convertida en enerxía mecánica nun motor eléctrico ou en enerxía calorífica nun aquecedor eléctrico.

[editar] Enerxía radiante

Ver artigo principal: Enerxía radiante.

É a enerxía que pode atravesar o espazo. Inclúe a luz, as ondas de radio e os raios de calor. A calor radiante non é o mesmo que a variante de enerxía cinética chamada de «‘‘enerxía térmica’‘», mais cando os raios de calor atinxe un obxecto fan que as súas moléculas se movan máis axiña, gañando entón enerxía térmica. Os raios de luz e de calor prodúcense tornando os obxectos tan quentes que brillan, como no caso do filamento dunha lámpada eléctrica.

[editar] Enerxía nuclear

Planta nuclear en Suíza. Un reactor nuclear produce calor modificando os átomos do seu combustíbel, transformando uranio ou plutonio noutros elementos. As máquinas que utilizan enerxía química modifican as moléculas do seu combustíbel e os elementos manténse inalterados.
Agrandado
Planta nuclear en Suíza. Un reactor nuclear produce calor modificando os átomos do seu combustíbel, transformando uranio ou plutonio noutros elementos. As máquinas que utilizan enerxía química modifican as moléculas do seu combustíbel e os elementos manténse inalterados.
Ver artigo principal: Enerxía nuclear.

É a enerxía producida pola mutación de átomos dentro dunha substancia; aparece sobre todo como calor, quer baixo control nun reactor nuclear quer nunha explosión dunha arma nuclear. O Sol produce o seu calor e a súa luz por reacción nuclear. Curiosamente, toda a vida na Terra depende desta enerxía e, no entanto, perante a existencia das armas nucleares, está tamén ameazada por esta forma de enerxía.

[editar] Enerxía, Traballo e Potencia

Ver artigo principal: Traballo.
Ver artigo principal: Potencia.

A enerxía e o traballo son basicamente semellantes, visto que o traballo é o gasto de enerxía. Son polo tanto, ambos medidos polas mesmas unidades, a unidade SI, sendo o Joule, así chamado en homenaxe a James Prescott Joule, que demostrou que é posíbel a conversión entre diferentes tipos de enerxía. A potencia é a taxa a que se produce traballo ou a que se dispensa enerxía.

Un fonte de enerxía que pode producir máis traballo nun tempo dado - facer calquera cousa moverse máis axiña ou aquecela máis axiña, por exemplo - será máis poderosa que outra. A unidade SO de forza motriz é o Watt, así chamada en homenaxe a James Watt, o inventor da primeira máquina a vapor.

Así, a relación pode expresarse como: un Watt de enerxía (E) prodúcese en canto un Joule de traballo (W) efectuase nun segundo (δt).

[editar] Consumo de enerxía

Ver artigo principal: Consumo de enerxía.

O consumo de enerxía no mundo está resumido, na súa gran maioría, polas fontes de enerxías tradicionais como petróleo, carbón mineral e gas natural, esas fontes son poluentes e non-renovábeis, o que no futuro, serán substituídas inevitabelmente. Hai controversías sobre o tempo da duración dos combustíbeis fóseis mais debido a enerxías limpas e renovábeis como biomasa, enerxía eólica e enerxía maremotriz e sansións como o Protocolo de Kioto que cobra de países industriais un nivel menor de poluentes (CO2) expelidos para a atmosfera, as enerxías alternativas son un novo modelo de produción de enerxías económicas e saudábeis para o medio ambiente.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com