Catedral de Ourense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A catedral de Ourense, segundo a lenda, foi mandada construír por un monarca suevo chamado Carriarico, que ao enfermar o seu fillo, pediu axuda a San Martiño de Tours, e este en agradecemento mandou construír un templo no lugar onde se atopa agora a catedral.
As incursións dos musulmáns destruírona, e volveuse a construír durante os séculos XII e XIII, en plena época do románico. A catedral ten unha planta de cruz latina.
Na entrada pola porta pricipal atópase o Pórtico do Paraíso que se asemella ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.
Das distintas capelas que ten a catedral, a máis importante é a do Santo Cristo, cunha imaxe moi venerada na cidade á que, segundo contan, médralle o pelo.
Na catedral tamén se atopa o Museo Catedralicio