Lingua occitana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia,denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés é oficial en toda Cataluña desde o 9 de agosto de 2006 data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.
A literatura occitana foi a máis rica (só por diante do galego) na Europa da época. Dos Séculos XII ao XIV foi lingua literaria, especialmente no xénero lírico, en Francia, Italia e norte da Península Ibérica, sendo a lingua dos trobadores medievais desa área. O texto máis antigo en occitano é un refrán vencellado a un poema latino do século X. Pódese considerar que na etapa medieval as diversas variantes de occitano, o catalán e mailo aragonés constituían unha soa lingua que comezou a se dividir nos séculos XIII-XIV.
Considérase que a escritura en occitano acadou o seu cumio a finais do século XVI en no século XVII, con autores como Luis Bellaud de la Bellaudiére, Guilhem Ader, Péire Godolin, Glaudi Brueis e Francés de Corteta.
Durante o século XIX fixéronse importantes esforzos por revitalizala como lingua poética e literaria por un grupo de persoas coñecidos como Félibrige, que encabezaron Frédéric Mistral e Joseph Roumanille. Nembargantes, non acadaron repercusión suficiente e hoxe emprégase en menos ocasións có francés como forma literario, con arredor de 50 títulos publicados ao ano.
En 1992, as cifras achegadas eran de 750.000 falantes activos en Provenza e entre 1 e 1,5 millones que entendían a lingua. Un ano antes, unha sondaxe realizada entre 939 persoas entrevistadas en catro departamentos de Languedoc (Aude, Hérault, Lozére y Gard, cun total de 1.751.178 habitantes) amosaba un 48% de cidadans que entendía a lingua e un 28% que a falaba, mais tan só o 9% o facía a diario.