Final Fantasy VII
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un dos máis importantes videoxogos de rol clásicos aparecidos para consola. Desenvolto polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora Square Enix) maioritariamente entre 1996 e 1997, e publicado en 1997.
Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo en dito continente. En cambio, en Xapón e Estados Unidos foi unha adición máis aos éxitos de ventas que xa tiña esta saga.
A consola elixida para o seu lanzamento foi a PlayStation, dado que Squaresoft rompeu a súa exclusividade con Nintendo e desenvolveu probas fallidas coa consola Saturn de Sega. A posteriori apareceu tamén unha adaptación do xogo en formato PC. Circulan imaxes da versión en desenvolvemento para Nintendo 64 que sinalan a unha cancelación repentina debida a desavenencias con Nintendo.
Índice |
[editar] Historia
O xogo narra a historia de Cloud Strife, un xove mercenario que vive angustiado por un tormentoso pasado e decide unirse a un grupo de rebeldes que loitan contra a poderosa empresa ShinRa Corp. Axiña se verán arrastrados por unha complexa trama que lles levará a loitar a morte contra Sephirot, un extrano experimento xenético que logrou poñer en perigo a vida do planeta.
[editar] Características
O argumento de esta entrega difería das anteriores ó desenvolverse nun entorno máis futurista, e apoiarse máis no simbolismo e na psicoloxía dos personaxes para desenvolver a trama.
As maiores diferenzas con anteriores entregas baseanse na mellora tecnolóxica. Os personaxes están modelados en tres dimensións, os fondos dos escenarios están xerados mediante ordenador (no canto de estar elaborados a man) e numerosas secuencias de video acompañan ó desenvolvemento da historia. Por esta última razón o xogo ocupaba tres CD-ROM, cantidade ata entón reservada a películas interactivas.
A banda sonora, composta por Nobuo Uematsu, saiu á venda en catro CDs. Tamén saiu á venda o disco "Reunion Tracks", que incluía as cancións máis populares da banda sonora, algunhas delas interpretadas por unha orquesta.
O sistema de combates é de corte bastante clásico e desenvólvese por un sistema de turnos controlados por unhas barras de paso do tiempo que fan que o combate sexa máis dinámico ó non dar moito tempo para a pausa e a meditación dos movementos. As habilidades dos personaxes poden ir evolucionando a partir da combinación de elementos máxicos chamados Materia ou da compra de novas armas.
Final Fantasy VII demostrou que se podía dotar a un xogo dun altísimo presuposto e sacar beneficios pese a iso. O xogo gañou numerosos premios a mellor productos en ferias especializadas do sector (como ECTS o TGS) e na actualidade Square Enix pretende sacar novas precuelas (FF Before Crisis), secuelas (FFVII Advent Children) e spins off (Dirge of Cerberus), que son parte do proxecto Compilation of Final Fantasy VII.
[editar] Ver tamén
- Final Fantasy
- Square Enix
[editar] Ligazóns externas
- Lagunamov2k - Web de Final Fantasy en castelán.
- Final Fantasy Maniacs - Comunidade de Final Fantasy en castelán.