Fenomenoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A fenomenoloxía (do grego phenomena, "cousas que aparecen" + logos, "coñecemento") é un método filosófico que enfatiza o papel central do receptor na determinación do significado.
A fenomenoloxía deriva do pensamento do filósofo alemán Edmund Husserl (1859-1938), quen afirmaba que o obxecto propio do coñecemento filosófico non son os obxectos do mundo perceptíbeis polos sentidos, senón os contidos a priori da nosa consciencia. Así, o método esixe un exame detido dos estados e procesos mentais e intelectuais. Usando este método, Husserl pensaba que sería posíbel revelar a natureza subxacente da consciencia e dos fenómenos e facelo de maneira atemporal e ahistórica, establecendo unha teoría trans-subxectiva da comprensión. Isto implica que a mente humana individual é o centro e a orixe do significado.
Os conceptos de Husserl foron desenvolvidos desde comezos do século XX por Martin Heidegger e Hans-Georg Gadamer na Alemaña e por Maurice Merleau-Ponty na Francia.
[editar] Na literatura
A focaxe crítica fenomenolóxica envolve a investigación da natureza subxacente e da esencia dunha obra estudada e, en consecuencia, o acceso en certa maneira á consciencia do autor.
Unha versión diferente, e talvez máis "vulgar", é a exploración da personalidade única que hai por detrás dunha obra literaria. O crítico fenomenolóxico precisa vaciar primeiro a súa mente de todos os preconceitos sobre o autor e o texto. Unha vez logrado, o crítico debe atinxir un estado moi receptivo e sensíbel que lel permita compartir o modo de consciencia do autor. Este estado da mente ten sido descrito como "consciencia da consciencia de outro".
O teórico polonés Roman Ingarden ten elaborado as ideas de Husserl en A obra de arte literaria (1931) e A cognición da obra de arte literaria (1937). Influenciou aos críticos alemáns Wolfgang Iser e Hans Robert Jauss. Esta influencia é especialmente clara na teoría do lector-resposta de Iser e na teoría da recepción de Jauss. Ténselle denominado "crítica fenomenolóxica" ao traballo da Escola de Xenebra de crítica. Son tamén moi evidentes as influencias no post-estruturalismo.
[editar] Ver tamén
- Hermenéutica