Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hans-Georg Gadamer - Wikipedia

Hans-Georg Gadamer

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hans-Georg Gadamer. Filósofo alemán (Breslau 1900- Heidelberg 2002). Formado inicialmente en Marburgo baixo a supervisión do neokantiano Paul Natorp, empezou a construír o seu propio pensamento a partir das influenzas de Martin Heidegger, Wilhelm Dilthey, Friedrich Schleiermacher e o seu interese pola reflexión sobre a arte, creando así a denominada Hermenéutica filosófica. Centrado durante toda a súa vida no desenvolvemento deste pensamento foi profesor en Leipzig, Frankfurt e Heidelberg, onde se xubilará como catedrático de filosofía.

Como escritos seus relevantes pódense salientar, ademais da obra fundamental Verdade e método (1960), O problema da conciencia histórica (1963) e A dialéctica de Hegel (1971).


[editar] Pensamento

O proxecto gadameriano consiste, esencialmente, nunha reconstrución da hermenéutica a partir da fusión de certas ideas de Heidegger coa filosofía romántica e o historicismo de Dilthey. Do primeiro toma a “hermenéutica existencial” de Ser e tempo e o seu posterior interese ontolóxico pola linguaxe, dos segundos a revalorización da “tradición” e a “dialéctica” hegeliana modelada baixo a noción de “diálogo” socrático-platónico e, por último, toma de Dilthey a idea de “consciencia histórica” e a radical distinción entre ciencias humanas e ciencias da natureza.

Gadamer substitúe a hermenéutica tradicional, concibida como un método filolóxico de interpretación (esexese) de textos relixiosos ou xurídicos, por unha hermenéutica filosófica de alcance universal. A hermenéutica filolóxica consistía unicamente nun método para entender textos escuros ou pouco intelixibles. Gadamer, en cambio, supera a mera concepción metodolóxica da hermenéutica e dálle unha dimensión ontolóxica ó considerar o “entender”, na liña heideggeriana, como unha estrutura básica da existencia humana. Non se trata só da comprensión de textos, pois toda actividade humana está atravesada polo fenómeno da interpretación. Desta maneira, na medida en que a interpretación é unha acción lingüística, esténdese o fenómeno lingüístico á toda a realidade (panlingüísmo). A partir de aquí conclúe Gadamer que a verdade non pode consistir nun acto cognoscitivo definitivo e inamovible, senón nunha interpretación historicamente renovable nun proceso de diálogo ou conversación hermenéutica sen fin.

Gadamer chega a estas conclusións no libro Verdade e método reflexionando sobre a contemplación da obra de arte e o coñecemento histórico, dúas experiencias de verdade diferentes da experiencia científica.

No caso da experiencia estética o observador non é un suxeito pasivo exterior á obra contemplada, senón que se trata dun “encontro” no cal se disolve o dualismo clásico entre suxeito e obxecto. Para que teña lugar a experiencia estética, a obra de arte tennos que arrastrar e posuírnos de tal xeito que nós mesmos tamén participemos na creación do carácter artístico da obra. Un obxecto só devén artístico cando é gozado por alguén facéndoo “falar”. Só así se produce a experiencia de verdade da obra.

Con respecto ó coñecemento histórico, outra vez se produce un encontro entre o suxeito e o obxecto, pois cando queremos comprender unha etapa histórica determinada hai que ter en conta, así mesmo, que tamén nosoutros, intérpretes, formamos parte da historia. Esta participación do suxeito por parte do obxecto, somos seres históricos que usamos unha determinada linguaxe e vivimos nun concreto contexto cultural, isto é, formamos parte dunha tradición, implica que a comprensión do primeiro está xa cargada de prexuízos, de tal forma que na investigación histórica nunca podemos ser observadores neutrais. Prodúcese así inevitablemente un círculo hermenéutico entre o intérprete e o “obxecto” de estudo. Disto deduce Gadamer que nas ciencias históricas nunca se pode lograr unha actitude gnoseolóxica puramente teórica e obxectiva, contrariamente ás pretensións de Dilthey de elaborar un método obxectivo nas ciencias humanas capaz de eliminar os prexuízos subxectivos do intérprete. De todas formas, isto non significa, na óptica gadameriana, que as ciencias humanas estean condenadas ó máis absoluto relativismo. Aínda que non poida haber interpretacións definitivas, si que é posible discernir unhas interpretacións máis fecundas ca outras, no sentido de abrir novos interrogantes e fomentar a conversación hermenéutica.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com