Exarcado de Cartago
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Βασιλεία Ῥωμαίων |
||
---|---|---|
(Emblema da Dinastía Paleólogo) Lema: Βασιλεὺς Βασιλέων |
||
Cronoloxía | ||
-667 | Fúndase a Antiga cidade de Bizancio (futura Constantinopla). | |
330 | Constantino fai de Constantinopla a capital. | |
395 | División permanente do Imperio Romano trala morte de Teodosio I. | |
527 |
Xustiniano I ascende a emperador. | |
532-537 |
Xustiniano I constrúe a Igrexa da Divina Sabedoría. | |
533-554 |
Os xenerais de Xustiniano I reconquistan África do Norte e Italia dos vándalos e Ostrogodos. | |
568 | Os longobardos invaden Italia. | |
634-641 | Perda de Exipto, Siria e Palestina fronte aos árabes. Nas décadas seguintes toman a maior parte do Norte de África e despois conquistan Sicilia. | |
730-787 813-843 |
Controversias iconoclastas resultan na perda da maioría dos territorios italianos do Imperio xunto con algúns territorios no sur. | |
1054 | A Igrexa de Constantinopla sepárase da Igrexa de Roma. | |
1071 | Batalla de Manzikert. A maior parte de Asia Menor pérdese. Os normandos conquistan os últimos enclaves bizantinos en Italia. | |
1204 | Toma de Constantinopla polos Cruzados. Créase o Imperio Latino. | |
1261 | Miguel VIII Paleólogo, emperador bizantino do Imperio de Nicea, libera Constantinopla. | |
1453 | Constantinopla é conquistada polos turcos otománs |
O exarcado de Cartago era un territorio dependente do Imperio Bizantino e correspondente ás antigas provincias de África e de Numidia, e as illas de Córsega e de Sardeña (judicats de Sardeña).
A súa creación, como a do exarcado de Ravenna, pretende protexer unha provincia xeograficamente excéntrica das presións exteriores ao concentrar os poderes civís e militares nas mans do exarca (representante plenipotenciario do emperador).
O exarcado desaparece coa conquista árabe.
[editar] Exarcas de Cartago
- Heraclio, arredor de 608 (pai do emperador Heraclio)
- Xurxo, arredor de 646
- Gregorio, arredor de 646-647, proclámase emperador, pero resulta morto en 647 no primeiro ataque árabe.
[editar] Historia
- Chegada de refuxiados vido de Exipto fuxindo da conquista árabe e que traen consigo o monotelismo a un territorio ortodoxo onde provocan unha intensa polémica relixiosa.
- 660: Bizancio retoma o control do exarcado de Cartago.
- 697: toma de Cartago polos árabes e fin do Exarcado.