813
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
812 < 813 < 814
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Europa
- O bispo Teodomiro descobre o sepulcro do Apóstolo Santiago (data tradicional, a data real seguramente fora entre o 820 e o 830).
- 22 de xuño - O emperador bizantino Miguel I é derrotado polos búlgaros liderados polo khan Krum en Versinikia.
- Os búlgaros conquistan Adrianópole e sitian Constantinopla.
- León V o Armenio coroado emperador de Bizancio tras unha revolta (Miguel I faise monxe). Comeza o Segundo Periodo Iconoclasta.
- No Terceiro Concilio de Tours os sacerdotes receben a orde de predicar en vernáculo (latín vulgar ou alemán)
- Luís o Piadoso coroado co-emperador dos francos co seu pai Carlomagno en Aix-la-Chapelle.
[editar] Islam
- Os francos derrotan aos mouros en Barcelona.
- Os mouros saquean Niza.
- Al-Amin, sexto califa abásida e fillo de Harun al-Rashid, morre durante a tentativa de fuga de Bagdad, sitiado polo seu irmán al-Mamun.
- Al Mamon abre a escola de astronomía de Bagdad.
[editar] Nacementos
- Donald I de Escocia, rei entre 858 e 863
[editar] Mortes
- Posibelmente Abu Nuwas, poeta persa en lingua árabe