Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Val de Arán - Wikipedia

Val de Arán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Val de Arán
Bandeira do Val de Aran
Ubicación do Val de Arán na Cataluña
Provincia Lleida
Capital Viella
Maior cidade Vielha
Xentilicio (Catalán, Aranés) Aranès 
Xentilicio (Galego) Aranés
Poboación (2005) 9.219 hab
Área 620.47 Qm2
Densidade de poboación 14,55 Hab/Qm2
Concellos 9
Terçons 6

O Val de Arán, oficialmente en aranés Val d'Aran, un pequeno val (620.47 Qm2), é unha comarca ubicada no noroeste da Cataluña. Limita ó norte coa Francia e coa provincia aragonesa de Huesca ao suroeste, ao sur coa comarca catalá da Alta Ribagorza e ao leste coa de Pallars Sobirà. A súa capital é Viella (Vielha), e ten unha poboación de 2.834 hab. segundo o censo do 2003. Ten a súa lingua propria, o aranés, unha variedade occitana do grupo gascón. O aranés conta co estatus de lingua oficial no Val. O aranés, xunto co catalán e o castelán, é lingua oficial no Val de Arán.

A teoría máis difundida estabelece que Val d'Aran é, na realidade, un pleonasmo, xa que significaría "Val do Val" (Arán procede do antigo euskera haran, que tamén significa val). En aranés, a denominación Val d'Aran a miúdo aparece escrita como era Val d'Aran usando o artigo feminino como parte do nome. En catalán, denominaríase la Vall d'Aran e en castelán el Valle de Arán.


Índice

[editar] Xeografía

Constitue a única rexión de Cataluña que dispón de augas fluviais desembocantes no Océano Atlántico: o río Garonanace no val e atravésao para ir desembocar no Océano Atlántico despois de atravesar toda a Gascuña. Tamén ten unha pequena parte de bacía mediterránea, xa que o río Noguera Pallaresa nace a un centenar de metros do Garona, pero inicia o seu curso en dirección contraria. O trinta por cento do territorio está por riba dos 2.000 metros de altitude.A comarca caracterízase polo clima atlántico, debido á súa orientación, moi distinta á doutros vales da área.

[editar] Economía

Tradicionalmente, a economía do val baseouse na gandaría e na explotación forestal.

Porén, na actualidade o turismo (tanto no inverno como no verán) é o motor da economía do val. Dous elementos por riba doutros favoreceron o turismo: a apertura do túnel de Viella e a estación de esquí de Baqueira Beret. A mestura dos dous acontecementos fixo que unha comarca de antiga tradición pastoril se convertera nun importante foco de turismo e unha das rexións coa maior renda per cápita da Cataluña.


[editar] Historia

Poboado desde a prehistoria como o resto de vales pirenaicos, o Val foi incorporado ao Imperio Romano. Non resulta claro cando, pero parece que cando Xulio César comeza a conquista da Galia, o alto val do Garona pertence xa ao imperio. A romanización penetraría a través dunha vía romana que, procedente de Toulouse, atravesaba o val e pasaba ao Pallars a través do porto da Bonaigua. A importancia da romanización próbana topónimos como Viella e a presenza de lápidas e ronseis funerarios. Coa caída do imperio, os vales quedaron abandonados á súa sorte e sucédense uns séculos sen ningunha referencia ao Val.

As primeiras referencias concretas ao Val de Arán aparecen no século X no que o val aparece formando parte do Condado de Cominges (Comminges), que domina o alto Garona. En 1175, o val pasa a formar parte da Coroa de Aragón mediante o Tratado de Amparanza (ou Emperanza) asinado co rei Afonso I. No ano 1192 hai referencias da construción do Hospital de Viella para lles dar acubillo aos viaxeiros.

O val muda de señor varias veces durante os séculos XII e XIII, sendo sucesivamente invadido polos franceses e recuperado pola Coroa de Aragón. En 1298, grazas ao convenio de Argelers, determinouse que o Val de Arán ficaría provisionalmente baixo a administración do Reino de Mallorca mentres as partes en conflito non chegasen a un acordo. Finalmente, en 1313 os araneses decidiron por votación popular a permanencia na Coroa de Aragón ao mesmo tempo que Xaime II lle outorgou ao Val de Arán o conxunto de privilexios denominado [[Era Querimònia]], verdadeira carta magna de Arán, ratificada por todos os reis até Fernando VII.

En 1411, o Síndico de Arán ofreceu a unión libre e pactada de Arán cos condados cataláns, a cal foi aceptada polas cortes de Cataluña.

O Val de Arán foi asolado durante a Guerra de Secesión de Cataluña (1645), ao se manter fiel ao rei Filipe IV. Máis tarde, móstrase partidario de Filipe de Anjou durante a Guerra de Sucesión Española, polo que o Decreto de Nova Planta de 1716, que suprimiu as institucións políticas dos reinos da Coroa de Aragón, non afectou ao réxime político-administrativo do Val de Arán, de forma que este non foi incorporado a ningún dos novos correxementos en que se dividiu Cataluña. Filipe V mesmo dispensa o Val do uso do papel selado.

Parte da invasión napoleónica de España prodúcese polo porto de Viella(1810) e Napoleón incorpora o Val ao departamento francés da Haute-Garonne. Tras a caída de Napoleón, o Val é devolto á coroa española en 1815. En 1833, durante a rexencia de María Cristina, e en plena Primeira Guerra Carlista, suprímense as institucións tradicionais aranesas e inclúese o Val de Arán no novo réxime administrativo xeneral de España, incluíndoo na recentemente creada provincia de Lleida.

O século XX mostra tres feitos significativos para o Val de Arán:

  • A apertura de comunicacións co resto de España. Durante o inverno, o Val de Arán ficaba incomunicado. O primeiro fito foi a construción da estrada do porto da Bonaigua, inaugurada en 1924, a cal permitiu a comunicación con Cataluña. O segundo foi a construción do túnel de Viella. Aínda que os primeiros proxectos se elaboran no ano 1832 por enxeñeiros franceses, o túnel non foi inaugurado até o ano 1948, permitindo o paso de circulación normal en 1965. Agora encóntrase en proxecto de modernización.
  • A invasión do Val de Arán por guerrilleiros antifranquistas españois (baixo dirección comunista) desde Francia en 1944 ("Operación Reconquista"). A intención destes guerrilleiros, na seu maior parte veteranos da guerra civil española e a Resistencia francesa, era renovar a guerra en España estabelecendo unha cabeza de ponte en territorio español, na crenza de que, unha vez comezada esta, os aliados os axudarían a derribar o goberno de Franco. O 19 de outubro de 1944 uns tres mil homes penetran no val. Con todo, a falta de apoio popular, o feito de que o goberno español estivese ao tanto dun posíbel ataque e a carencia de armamento pesado impídenlles tomar Viella ou o porto da Bonaigua, de forma que as tropas franquistas rexeitan fácilmente a invasión. O 27 de outubro iníciase a retirada do que foi o último intento de derrotar a Franco pola forza. Segundo os datos oficiais, na Operación Reconquista morreron 129 guerrilleiros, 214 catorce foron feridos e 218 feitos prisioneiros, dos que a unha boa pate lle foi aplicada a pena de morte.
  • A recuperación parcial dos privilexios e foros do Val de Arán. Durante a Segunda República española apareceron novas demandas da restauración do Conselh Generau d'Aran. O Centre Aranés constituído pola elite aranesa residente en Barcelona pediu formalmente nunha carta dirixida ao presidente da Generalitat de Cataluña que o Estatuto de Autonomía, que se estaba redactando naqueles momentos, contemplase a restauración do Conselh Generau d'Aran e a restauración dalgúns privilexios históricos. A Guerra Civil española e a ditadura de Franco acabaron con calquera intento de restauración da autonomía aranesa. Non foi até 1990, mediante a Lei 16/1990, de 13 de xullo, sobre o réxime especial do Val de Arán (desenvolvemento da disposición adicional primeira do Estatuto de Autonomía de Cataluña) que se restauraron parte dos dereitos históricos do Val de Arán. Así, restabeleceuse o Conselh Generau d'Aran e o Síndic d'Aran como principais institucións da organización administrativa propia do Val de Arán, así como a oficialización do aranés.

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com