Carl Friedrich Gauss
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johann Carl Friedrich Gauss (Gauß), (30 de abril, 1777 – 23 de febreiro, 1855) fou un prolífico matemático e científico alemán que contribuíu de forma significativa en moitos campos, incluindo a teoría de números, análisis matemático, xeometría diferencial, xeodesia, magnetismo, astronomía e óptica. As veces coñecido coma "o príncipe das matemáticas", Gauss tivo unha remarcable influencia en moitos campos das matemáticas e da ciencia e é considerado xunto con Euler, Newton e Arquímedes coma un dos maiores matemáticos da historia.
Gauss foi un neno prodixio, do que hai moitas anécdotas sobre a súa sorprendente precocidade sendo aínda un cativo, e fixo os seus primeiros descubrimentos matemático sendo todavía un adolescente. Completou Disquisitiones Arithmeticae, o seu magnum opus, á idade de vinte catro anos. Este traballo foi fundamental na consolidación da teoría de números como disciplina e deu forma ó campo de estudio ata hoxe en día.