Avetarda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Avetarda | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Otis tarda | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A avetarda (Otis tarda) é unha ave zancuda do sur e centro de Europa e da Asia temperada. As poboacións europeas(Otis tarda tarda) non emigran, pero as asiáticas (Otis tarda dybowskii) móvense ao sur no inverno.
É unha especie en perigo debido á mecanización das rexións agrículas, vive en zonas áridas.
O macho mide 1 m de longo e ten 2'4 m de envergadura, pode pesar ata 16 kg, considérase a ave de maior peso de Europa, ten a plumaxe parda avermellada con manchas negras. A femia é un 30% máis pequena e pesa a metade.
Aliméntase de herba e suplementariamente de insectos, ratos, ovos e vermes.
As principais poboacións están en España (15.000), Rusia (10.000), Hungría (1.200), Ucraína (550), Portugal (500), Austria (100), Alemaña (90) e Marrocos (50). En Galicia, actualmente, só se ve esporadicamente nas provincias de Ourense e Lugo.
As poboacións de avetarda asiática distribúense entre o sur de Rusia (200) e Mongolia (500)