Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Aminoácido - Wikipedia

Aminoácido

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estrutura xeral dun aminoácido
Agrandado
Estrutura xeral dun aminoácido

En química orgánica, un aminoácido é calquera molécula que contén simultáneamente grupos funcionais amino e ácido carboxílico. En bioquímica, este termo úsase como termo curto e xeral para referir os aminoácidos alfa: aqueles nos que as funcións amino e carboxilato están ligadas ao mesmo carbono.

Índice

[editar] Aminoácidos alfa

[editar] Formula xeral

Son aqueles que presentan fórmula xeral: R - CH (NH2)- COOH onde R é un radical orgánico. No aminoácido glicina o radical é o elemento H

O carbono ligado ao radical R denomínase carbono carbono 2 ou alfa.

[editar] Clasificación

Dependendo do radical R os aminoácidos poden ser clasificados en:

Aminoácidos apolares: Apresentan radicais de hidrocarbonetos apolares ou hidrocarbonetos modificados, excepto a glicina. Son radicais hidrófobos.

  • Glicina: H- CH (NH2) - COOH
  • Alanina: CH3- CH (NH2) - COOH
  • Leucina: CH3-CH2-CH2-CH (NH2)- COOH
  • Valina: CH3-CH(CH3)-CH (NH2)- COOH
  • Isoleucina: CH3-CH2-CH (CH3)-CH (NH2)- COOH
  • Prolina:-CH2-CH2-CH2- ligando o grupo amino ao carbono alfa
  • Fenilalanina: C6H5-CH2-CH (NH2)- COOH
  • Triptofano: R aromático- CH (NH2)- COOH
  • Metionina: CH3-S-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH

Aminoácidos polares neutros: Presentan radicais que tenden a formar pontes de hidróxeno.

  • Serina: OH-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Treonina: OH-CH (CH3)- CH (NH2)- COOH
  • Cisteina: SH-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Tirosina: OH-C6H4-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Asparaxina: NH2-CO-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Glutamina: NH2-CO-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH

Aminoácidos ácidos: Apresentan radicais con grupo carboxílico. Son hidrófilos.

  • Ácido aspártico: HCOO-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Ácido glutámico: HCOO-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH

Aminoácidos básicos:' Presentan radicais co grupo amino. Son hidrófilos

  • Arxinina: HN=C(NH2)-NH-CH2-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Lisina: NH2-CH2-CH2-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
  • Histidina: H-(C3H2M2)-CH2- CH (NH2)- COOH

[editar] Simboloxía e nomenclatura

Na nomenclatura dos aminoácidos, a numeración dos carbonos da cadea principal é iniciada a partir do carbono da carboxila.

  • Glicina ou glicocola ( Gly, Gli ou G ): Ácido 2-aminoacético ou Ácido 2-amino-etanoico
  • Alanina ( Ala ou A ):Ácido 2-aminopropiónico ou Ácido 2-amino-propanoico
  • Leucina ( Leu ou L ): Ácido 2-aminoisocaproico ou Ácido 2-amino-4-metil-pentanoico
  • Valina ( Val ou V ): Ácido 2-aminovalérico ou Ácido 2-amino-3-metil-butanoico
  • Isoleucina ( Ile ou I ): Ácido 2-amino-3-metil-m-valérico ou ácido 2-amino-3-metil-pentanoico
  • Prolina ( Pro ou P ): Ácido pirrolidino-2-carboxílíco
  • Fenilalanina: Ácido 2-amino-3-fenil-propiónico ou Ácido 2-amino-3-fenil-propanoico
  • Serina ( Ser ou S ): Ácido 2-amino-3-hidroxi-propiónico ou Ácido 2-amino-3-hidroxi-propanoico
  • Treonina ( Thr, The ou T ): Ácido 2-amino-3-hidroxi-m-butírico
  • Cisteina ( Cys, Cis ou C ): Ácido 2-bis-(2-amino-propiónico)-3-disulfeto ou Ácido 3-tiol-2-amino-propanoico
  • Tirosina ( Tyr, Tir ou Y ): Ácido 2-amino-3-(p-hidrxifenil)propiónico ou paraidroxifenilalanina
  • Asparaxina ( Asn ou M ): Ácido 2-aminosuccionámico
  • Glutamina ( Gln ou Q ): Ácido 2-aminoglutarámico
  • Ácido aspártico ( Asp ou D ): Ácido 2-aminosuccínico ou Ácido 2-amino-butanodioico
  • Ácido glutámico ( Glu ou E ): Ácido 2-aminoglutárico
  • Arxinina ( Arg ou R ): Ácido 2-amino-4-guanidina-m-valérico
  • Lisina ( Lys, Lis ou K ): Ácido 2,6-diaminocaproico ou Ácido 2, 6-diaminoexanoico
  • Histidina ( His ou H ): Ácido 2-amino-3-imidazolpropiónico
  • Triptofano ( Trp, Tri ou W ): Ácido 2-amino-3-indolpropiónico
  • Metionina ( Met ou M ): Ácido 2-amino-3-metiltio-m-butírico

Observación: A numeración dos carbonos da cadea principal pode ser substituída por letras gregas a partir do carbono 2 ( α )

Exemplo: Ácido 2-amino-3-metil-pentanoico = Ácido α-amino-β-pentanoico.

[editar] Ocorrencia

Os aminoácidos alfa ( preto de vinte ) son constituintes de todas as proteínas e peptídeos, polo tanto, de toda a materia viva.

Todos os aminoácidos constituintes das proteínas son alfa aminoácidos. As proteínas son alfa-polímeros formados por alfa-aminoácidos. Algúns autores relatan que para formar unha proteina é necesario unha cadea con máis de 70 aminoácidos. Unha cadea formada por dous alfa aminoácidos é un dipeptídeo, ata 70 alfa-aminoácido un polipeptídeo.

[editar] Síntese

Os aminoácidos alfa son sintetizados polos animais e vexetais.

Aminoácidos non-esenciais ou dispensables son aqueles que, a partir do alimento inxerido, o organismo dun animal consegue sintetizar.

Aminoácidos esenciais ou indispensables son aqueles que o organismo dun animal non consegue sintetizar (mais poden ser sintetizados por outro animal ou por un vexetal). Os aminoácidos esenciais deben facer parte da dieta alimentar deste animal, para evitar a desnutrición.

Os principais aminoácidos que o organismo humano non consegue sintetizar son: treonina, leucina, metionina, valina, fenilalanina, isoleucina, triptofano e lisina.

Os aminoácidos esenciais para un animal poden ser dispensables para un outro.

[editar] Obtención

Hidrólise de proteínas

As proteínas son moléculas formadas por ata millares de aminoácidos unidos por ligacións peptídicas (que ocorre entre a carboxila dun aminoácido e o grupo amino doutro). Esas ligacións poden ser quebradas por hidrólise producindo unha mistura complexa de aminoácidos.

Síntese

Síntese de Hoffmann, síntese de Strecker e síntese de Gabriel son métodos sintéticos para a obtención de alfa-aminoácidos.

[editar] Propriedades

Orgnolépticas: Incolores. A maioría de sabor dóce.

Físicas: Sólidos con solubilidade variable en auga. Presentan actividade óptica por presentaren carbono asimétrico, en xeral, na forma levóxira. A glicina é solúbel en auga e non presenta actividade óptica

Químicas: O grupo carboxílico (-COOH) na molécula confire ao aminoácido unha caraterística ácida e o grupo amino (-NH2) unha característica básica. Por iso, os aminoácidos presentan un caráter anfótero, ou sexa, reaxe tanto con ácidos como con bases formando sales orgánicos.

Os aminoácidos reaxe co ácido nitroso producindo nitróxeno e un hidroxi-acido. A aplicación desta reación é a determinación da dosaxe de aminoácidos,no sangue, medíndose o volume de nitróxeno producido (método de Slyke).

Na putrefación dos organismos, certas encimas reducen os aminoácidos en aminas como a putrecina e a cadaverina.

[editar] Outros Aminoácidos

Aminoácidos beta

Ácido β-aminopropiónico ( β-alanina ): aminoácido natural componente do ácido pantoténico ( vitamina do grupo B ).

Aminoácidos ómega

Ácido ω-aminocaproico: aminoácido sintético usado na fabricación de fibras sintéticas e de plásticos.

"Aminoácidos" nocivos

Son moléculas estruturalmente semellantes a alguns dos aminoácidos esenciais e non-esenciais máis enriba citados, producidos por plantas da familia Fabaceae. Eses aminoácidos son absorbidos no acto da inxestión de follas destas plantas, e son asimilados polo corpo, entrando na constitución de proteínas. As proteínas con estes aminoácidos teñen a súa función comprometida, o que pode causar serios danos ao organismo.


[editar] Template:Links exetrnos

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com