Teodeberto II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teodeberto II, (586-612). Á morte do seu pai Khildeberto, dividiuse o reino en dúas partes. Teodeberto reinou en Austrasia baixo a influencia da súa avoa Brunequilda. A outra parte, Borgoña, foi herdada polo seu irmán Teodorico.
Estando baixo a influencia dos leudes, expulsou á súa avoa de Austrasia. Esta refuxiouse en Borgoña, onde reinaba Teodorico.
Empuxado pola súa avoa, Teodorico loita contra Teodeberto ao cal vence na batalla de Toul, no ano 631.
No 632 sendo Teodeberto aliado dos xermanos, Teodorico vólveo a vencer e condénao a morte, así como ao seu fillo Meroveo. Negriña