Clodoveo III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clodoveo III foi rei dos francos entre os anos 675 e 676. Foi imposto en Austrasia polo mordomo de palacio Ebroin. Segundo o mordomo e outros magnates austrasianos que o apoiaron, era fillo ilexítimo do rei Clotario III. Clodoveo opúxose ao rei de Neustria, Dagoberto II, e o seu mordomo, Wulfoaldo, pero morreu despois de só un ano de reinado.