Dagoberto III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dagoberto III (c. 699 – 715) foi o rei dos francos desde 711 ata 715. Era fillo de Khildeberto III e a súa muller Edonne.
Todos os reinos francos (Neustria, Austrasia, e Borgoña) foran unidos desde a vitoria do mordomo de palacio Pipino de Heristal en Tertry en 687 cando Dagoberto sucedeu ao trono á idade de doce anos. Dagoberto foi unha marioneta do mordomo ata o morte de Pipino en 714. Había unha disputa entre os herdeiros de Pipino e os nobres de Neustria encargados de escoller os mordomos de palacio.
Mentres a atención se centraba en combater aos frisios no norte, algunhas áreas da Galia meridional empezaron un proceso de secesión: Savarico, o combativo bispo de Auxerre, en 714 e 715 subxugou Orleáns, Nevers, Avallon e Tonerre pola súa propia conta; e Eudo en Toulousse e Antenor en Provenza eran de feito gobernantes independentes.