Gontrán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gontrán I, (545- 592), fillo de Clotario I. Rei de Borgoña e de Orleáns no ano 561, á morte do seu pai que divide o reino de Francia en catro partes.
Loitou contra os bárbaros que ameazaban o seu reino. Intenta reconciliar aos seus dous irmáns Sixeberto I e Khilperico I.
Á morte de Khilperico I, é chamado por Fredegunda para que a protexese a ela e ao seu fillo Clotario II. Recupera o reino de París.
No 587, adopta a Khildeberto II, fillo de Sixeberto I e de Brunequilda.
Morre sen descendentes no 592. O seu reino pasa a Khildeberto II.