Mitoloxía romana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A mitoloxía romana está formada polas lendas e os mitos da relixión politeísta practicada na Roma antiga. Amaioría das divinidades do panteón romano proveñen de Grecia con deuses que suplantaron as divinidades locais con algunhas raras excepcións. Por esta razón algúns artigoa dedicados ós deuses romanos de orixe grega poden ser tratados coma exactos ós seus equivalentes gregos.
[editar] Deuses e personaxes da mitoloxía romana
- Febo - Deus da beleza (Apolo na mitoloxía grega).
- Baco - Deus do viño (Dionisios na mitoloxía grega).
- Cerbero
- Cupido - Deus do amor (Eros na mitoloxía grega).
- Diana - Deusa da caza e da feiticería (Artemisa na mitoloxía grega).
- Fauno
- Febe - Deusa da lúa (Selene na mitoloxía grega).
- Hércules (Heracles na mitoloxía grega).
- Jano
- Juno - Deusa da maternidade (Hera na mitoloxía grega).
- Marte - Deus da guerra (Ares na mitoloxía grega).
- Mercurio - Deus do comercio (Hermes na mitoloxía grega).
- Minerva - Deusa da artesanía (Atenea na mitoloxía grega).
- Neptuno - Deus do mar (Poseidón na mitoloxía grega).
- Plutón - Deus dos infernos (Hades na mitoloxía grega).
- Quirino
- Saturno - Deus da agricultura (Cronos na mitoloxía grega).
- Sol - Deus do sol (Helios na mitoloxía grega).
- Venus - Deusa do amor, a beleza e a fecundidade (Afrodita na mitoloxía grega).
- Vesta - Deusa do fogar (Hestia na mitoloxía grega).
- Vulcano - Deus do lume e os metais (Hefesto na mitoloxía grega).
- Xúpiter - Deus principal (Zeus na mitoloxía grega).