Xúpiter (deus)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o deus supremo romano, para outros artigos co mesmo nome, vexa Xúpiter
Xúpiter, equivale a Zeus na Mitoloxía grega, é o deus principal da Mitoloxía romana. Rei dos deuses, fillo de Saturno; irmán de Neptuno, Plutón, Ceres, Démeter e Hera, a súa muller. Era retratado coma un deus sabio e xusto pero tiña un gran temperamento, reinaba sobre a terra e o ceo e os seus atributos eran a águia, o raio, e o cetro. Un dos defectos de Xúpiter era a súa promiscuidade e para realiza-las súas conquistas amorosas, transformábase en animais como cisnes, vacas ou paxaros, pois él non podía ser visto en toda a súa gloria.